http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/04/05/xente-precisa-escapar-e-liberarse-e-utiliza-o-humor/785621.html
´A xente precisa escapar e liberarse, e utiliza o humor´
"En Madrid seguimos sendo 'galleguiños', pero trátannos con moito cariño"
05.04.2013 | 07:28
Sergio pazos - Actor e monologuista
BLANCA PAZ - SILLEDA Celebrou o seu aniversario -onte- do mellor xeito: Traballando. No medio da gravación do programa Un nome, una rúa, da Televisión de Galicia (TVG), fixo un oco para convidar a asistir, hoxe, ao espectáculo que ofrece na Casa da Cultura de Silleda (21 horas). Abre o Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui, con fins solidarios.-Sé galego, my friend. Así titula o seu monólogo. Toda una reivindicación de orgullo...
-Por suposto. Creo que os galegos podemos ser de calquera maneira, pero sempre seguiremos sendo galegos. É unha cousa que non se quita. Levámolo con orgullo. Esa humildade que ten o galego, que non é victimismo...
-Nisto de ser galego hai moitos tópicos, pero ¿defínennos?
-Algúns si. Temos una retranca e un humor moi ao estilo británico, sempre o digo. Témola ironía británica doutro xeito, pero moi parecida. É como a 'coña' da fin do mundo. Eu digo como diría un paisano: moita fin do mundo moita fin do mundo, pero ao final non marchou nin a luz. - ese saber estar que temos aquí... Sempre relativizamos moito e sabemos quitarlle a traxedia a todo. Nunca choveu que non escampase...
-Falando de etiquetas. Un galego en Madrid, segue sendo 'el galleguiño'?
-Moitas veces sí, pero a xente faino con moito cariño. Cando falas con alguén que sabe que es galego sempre che di: 'Que ben se come aí', 'teño moitas gañas de ir por Galicia... 'Creo que nos tratan con agarimo.
-Non é a primera vez que actúa na zona. Cómo xorde o convite para participar neste mes solidario?
-Foi casualidade. O Facebook é unha cousa estupenda, aínda que ás veces sexa unha faena. Pablo (Romeo, representante da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui en Silleda) enviome unha mensaxe privada; falamos e buscamos a data.
-Véndame o seu monólogo.
-A xente vai ver un tipo falando dos galegos, do carallo da Familia Real, do carallo de Rajoy, de quén carallo somos os galegos e de a ónde carallo imos.
-É máis doado vender humor nestes momentos, ou a cousa está mal para todos?
-Está mal para todos, pero este formado é moi adsequible, sobre todo ao ser baratas as entradas (5 euros). Faise moito en formato bares, porque te relaxas un pouquiño escapando da casa; non é meternete nun teatro. A verdade é que a xente precisa escapar e liberarse, e recorre ao humor, aínda que ás veces unha boa traxedia ou un drama son tamén interesantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario