ME GUSTA FACEBOOK

miércoles, 3 de abril de 2013

´Do único do que me arrepinto é de non terlle posto freo antes´

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/03/21/do-unico-do-arrepinto-e-non-terlle-posto-freo/777780.HTML

"Non houbo nada premeditado nin ningunha artimaña; nin sequera sabiamos que (Da Torre) ía votar en contra"

21.03.2013 | 07:37
paula fernández pena - Alcaldesa
Afronta a súa primera semana como alcaldesa dun goberno en minoría mentras ultima a redacción do orzamento municipal para 2013. Conseguir sacalo adiante con sete edís na oposición -fronte aos seis socialistas- será o seu primeiro reto. Asegura que o seu erro foi non disolver antes o bipartito.
-A primeira crítica do seu exsocio é que suspendese as votacións aos consellos parroquiais...
-O desenvolvemento destes consellos estaba sendo máis ben un fracaso, porque a participación era mínima e os elixidos en catro parroquias renunciaron. Cremos na participación cidadá, pero queremos reformular un pouco o sistema de chamada aos veciños. Non vai ser, para nada, unha elección a dedo.
-Máis alá dos votos en contra de Da Torre, ¿sentiuse defraudada?
-A nivel personal non teño problema con el. Téñoo a nivel político, porque formou parte do goberno facendo labores de oposición.
-Se puidese recuar, ¿qué cambiaría?
-Do único que me arrepinto é de non terlle posto freo antes a isto, dende o primeiro momento en que Matías se abstivo no pleno. Pensamos que ía ser unha situación puntual, que non ía repetirse. Arrepíntome de non ter esa visión de futuro que nos permitise cortar o problema de raíz.
-Nunca o negro é tan negro, nin o branco tan branco. ¿O PSOE admite algunha parte de culpa nesta discordia?
-Onte lía unha frase non sei onde que dicía que a verdade non é a miña nin a del. Nin nós somos tan malos, nin el é tan bo.
-¿Tan irreconciliables foron as súas posturas como para preferir quedar cun goberno en minoría?
-El sempre entendeu o goberno coma dúas forzas políticas, nós coma o goberno de Silleda. Aí está a discrepancia. Sempre votaba o que mellor lle conviña á súa organización. Levar esa diferencia de criterio a unha sesión plenaria non me parece de recibo. Durante a semana pasada o BNG propiciou coas súas declaracións que isto non tivese retorno. Tivemos tempo para meditar, e non o quixeron. Notouse que estaban co pé cambiado vendo o nivel de insultos y descalificacións que nos están dirixindo. Están moito máis nerviosos e preocupados ca nós.
-O BNG di que o conflito de Lamela foi una excusa súa para romper o pacto.
-Aquí non houbo nada premeditado. Creo que nin a súa decisión de votar en contra, pero servíu para esgotar a nosa paciencia. Non se pode falar de artimañas cando nin sequera sabiamos que ía votar en contra.
-E, en breve, un pleno de orzamentos, ¿como cree que actuará Da Torre?
-Será un presuposto similar ao anterior, cunha contención do gasto importante. Da Torre terá que demostrar aí se quere utilizar o seu atril para ser coherente con Silleda ou co seu partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario