ME GUSTA FACEBOOK

miércoles, 3 de abril de 2013

´É un goberno do PSOE, pero o único socialista fun eu´

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/03/21/e-goberno-do-psoe-o-unico-socialista-fun-eu/777781.HTML

"As diferenzas públicas foron mínimas, calei moito sabendo o que pasara nos catro anos precedentes"

21.03.2013 | 07:37
matías rodríguez da torre - Edil do BNG
Xa tramita o papeleo para volver á docencia como mestre de lingua e literatura galega, unha "vocación profesional" que bota de menos e da que estivo apartada os últimos vinte meses. Ao mesmo tempo, seguirá desempeñando a súa "vocación pública", como edil da oposición, dende o pasado luns.
-A primeira decisión do goberno socialista foi frear as votacións aos consellos parroquiais, ¿como a interpreta?
-Paréceme un paso atrás. Foi un regulamento que deseñou o BNG, pero recordo que a participación cidadá foi unha das carteiras que o PSOE lle ofreceu ao Bloque. É unha volta ao caciquismo, porque os consellos son unha ferramenta para elixir aos veciños sen que se xeren suspicacias por poñer a alcaldes de barrio a dedo.
-¿Arrepíntese de algo dos vinte meses de goberno co grupo socialista?
-Sobre todo de non ter traballado máis e máis rápido, pero a administración é moi lenta, por natureza. Arrepíntome de non ter avanzado en cuestións como ter preparado o deseño dunha aula de interpretación para o Mosteiro de Carboeiro, ou comezar o roteiro do románico. E, por certo, é un goberno do PSOE, socialista non. O único socialista do goberno municipal de Silleda fun eu, e nacionalista tamén.
-¿Cree que seguirá coa senda marcada por vostede?
-Deberían, porque son cuestións interesantes para Silleda, pero teño as miñas dúbidas de que algunas carteiras teñan a capacidade para facelo dende o punto de vista da xestión.
-¿Sentiuse só nalgún momento?
-No concello tiña unha boa relación cos traballadores, pero é verdade que na xestión do goberno me sentía só, no senso en que era eu o único edil do BNG, e o que tiña clara unha ideoloxía. Había unha diferencia evidente dende o punto de vista ideolóxico, social e económico, pero entendo que un bipartito debe funcionar así. Pero a palabra non é só; a palabra é frío. Chegou a haber frialdade por manter una postura alternativa.
-¿Calou moito?
-A nivel público si; a nivel orgánico nunca calo. A nivel público, sabendo o que pasara en Silleda nos catro anos precedentes, a decisión do BNG era ter una posición comedida nese senso.
-¿Sinte parte de culpa na división do bipartito?
-Que o BNG puido ter feito máis para ter un maior diálogo si é certo, pero tamén o PSOE. Pero a desculpa que se puxo para botar ao BNG é absurda, porque as diferenzas públicas foron mínimas.
-Silleda parece un municipio condenado á convulsión política...
-O único que existíu nos últimos anos foi una convulsión máis baseada no persoal que no político. Só lle pido aos veciños que reflexionen. Haberá quen caia da burra e quen non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario