Asociación Cultural
Vista Alegre
ACTIVIDADES 2014-2015
· XIMNASIA TERAPEUTICA
(Luns e Mércores de 19 h. a 20
h. e Xoves de 18 a 19 h.)
· CURSIÑO DE PILATES
(Luns e Mércores de 20 h. a
21 h.)
· CURSIÑO DE
ZUMBA
(Luns e Mércores de 21 h a
22 h. si hai moitos inscritos faranse 2 turnos)
· CURSIÑO DE INGLÉS
(Mércores de 20´30 h. a
21´30 h.)
· CURSIÑO DE INFORMÁTICA - (INTERNET)
(Xoves de 19 h. a 21 h.)
·
CURSIÑO DE INFORMÁTICA - OFFICE
(Word – Excel - Power Point)
(Días e horarios dependendo
do nº de inscritos-as)
· CURSIÑO DE TEARES (Tecido en Alto Lizo)
(Días e
horarios dependendo do nº de inscritos-as)
· CURSIÑO DE MACRAMÉ (Traballos con fleques - anudado)
(Días e horarios dependendo
do nº de inscritos-as)
· CURSIÑO DE PRIMEIROS AUXILIOS
Este Cursiño foinos concedido
pola Exma Deputación de Pontevedra a través do Programa “Pensa en ti”.
Data de Inicio: 7 de Outubro
de 2014, Horario: Martes de 17´00. a 19 30 h.
Precio: 6 €uros PRAZAS
LIMITADAS
· OBRADOIRO DE PINTURA (Gratuito)
Dirixido a todas aquelas persoas que lles
gusta o mundo da Pintura. Para todos os interesados-as inscritos, manteremos
unha reunión o vindeiro venres 26 de Setembro ás 20´30 h. no Centro Cultural.
Para o
vindeiro ano, estamos a traballar na organización doutras actividades como “Cantos
de Taberna”, na que aprenderemos e recordaremos aqueles cantos que nosos
país e avós cantaban durante as celebracións de festas e reunión familiares.
Os cursiños
comezarán a partires do día 1 de Outubro, polo que o prazo de inscrición remata
o vindeiro 26 de Setembro.
MOI
IMPORTANTE: Pregámosvos que
vos anotedes para saber o número de alumnos-as que van participar nestes
cursiños, xa que se non hai un número suficiente de participantes, pospoñerase
para máis adiante, ou si hai moitos inscritos, ver a posibilidade de facer 2
turnos. Ainda que viñerades no curso pasado, non quere decir que xa estedes
inscritos neste curso, tedes que anotarvos.
Para
anotarvos, podedes facelo nas oficinas do Centro Cultural, ou ben chamando ó
número de teléfono 986 58 55 50 (Polas tardes), donde se vos facilitará
maís información sobre días e horarios de todas as actividades.
NOTA PARA SOCIOS-AS
DESEMPREGADOS: Dende esta Asociación
queremos colaborar con estas persoas poñendo un precio especial nas actividades
en que participen, CONSULTÁDENOS.
EXPOSICIÓNS:
No
que queda deste ano e tamén no vindeiro, temos programadas diversas exposición
con distinta temática. As próximas son as seguintes:
Mes de Novembro
·
EXPOSICIÓN DE PINTURA (Marisa
Miguelez)
Mes de Outubro
·
EXPOSICIÓN DE PINTURA (Conxunta – autores de Bandeira)
Mes de Decembro
·
EXPOSICIÓNS NADAL (Nacemento Tradicional e Nacemento con figuras de Playmobil)