ME GUSTA FACEBOOK

martes, 16 de abril de 2013

OBRADOIROS DE INTERCAMBIO DE ACTIVIDADES


Como xa anunciaramos na última circular, queremos poñer en marcha este tipo de obradoiros para deste xeito poder ofertar un número maior de actividades no que todos poidamos participar cun custe mínimo, xa que estes obradoiros serán impartidos por colaboradores-as que de xeito desinteresado aportan o seu tempo e esforzo para poder realizar este tipo de actividades. Son os seguintes:

 

-         MECANOGRAFÍA (para recordar, ou aprender a escribir a máquina)

-         COSTURA (onde aprenderemos a facer arranxos nas prendas que se van deteriorando co paso do tempo)

-         ELABORACIÓN DE BROCHES E BOLSOS (aquí aprenderemos a deseñar e facer os bolsos e adornos que queremos lucir)

-         ELABORACIÓN DE VIDRIEIRAS (Conseguiremos deseñar vidrieiras para portas e ventás diferentes para os nosos fogares, dándolles colorido)

Contaremos coa colaboración de: Conchita Pena, Carmen Vieitez, Loli Mejuto, Tania Cornado, Luis González.

Para estes obradoiros, abrimos un prazo de inscrición que rematará o vindeiro 29 de Abril de 2013. Logo teremos unha reunión entre os interesados-as para coordinar días e horarios. Lembrámosche que son totalmente gratuitos, o único que haberá que pagar, será o material que cada un utilice.

 

Na actualidade estanse impartindo os seguintes cursiños: Pintura, Ximnasia Terapeutica, Pilates, Zumba, Calceta, Baile Rexional para maiores, Inglés e Informática

No hay comentarios:

Publicar un comentario