ME GUSTA FACEBOOK

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Nacemento de Playmóvil na Casa Cultural de Bandeira


A Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira está a preparar un nacemento na Casa de Cultura de Bandeira pero ca particularidade de que se fará con figuras de playmóbil. para iso contamos xá con algunhas figuras, pero precisamos da colaboración de toda a xente, que ben pode aportar figuras (que serán devoltas unha vez rematado o Nadal) ou ideas, suxerencias e incluso axuda para a súa elaboración. Este nacemento, dependendo do éxito, pretendemos que se amplie cos anos, tendo en conta que tamén teremos máis sitio na Casa Cultural e incluso chegar a ser un dos máis grandes feitos con estas figuras. De momento non contamos con axudas do fabricante, asi que a vosa colaboración é moi importante.


EN CANTO ÁS FIGURAS: precisamos calquer tipo de figuras e accesorios de playmóbil que nos poidades deixar e que despoís entraríamos a valorar se poden participar neste belén un pouco particular. Preferimos que nos fagades saber que material tedes e nos deixaríades (aínda que pensedes que non valen para un nacemento) e nos, sabendo co que podemos contar, faríamos un deseño ou outro. Esta é a razón da valoración das figuras. E lembrade que as figuras devolveránse aos donos unha vez rematada a actividade.

Polo tanto, agradeceríamos que vos puxérades en contacto o antes posible:

  •  co correo da páxina de Bandeira contacto@bandeira.org
  • ou ben co teléfono da Casa Cultural 986 58 55 50

Este nacemento o organiza a Asociación Cultural Vista Alegre

No hay comentarios:

Publicar un comentario