ME GUSTA FACEBOOK

viernes, 13 de junio de 2014

PRÓXIMAS ACTIVIDADES A REALIZAR DENDE A Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira Xuño 2014


PRÓXIMAS ACTIVIDADES A REALIZAR DENDE A Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira

 

EXCURSIÓN A CORUÑA – COSTA

DATA:                       Domingo 22 de Xuño de 2014

PROGRAMA:          Saída de Bandeira ás 8´30 h.

Pola mañá visitaranse as localidades de Muxía (Santuario da Virxe da Barca e Pedra de Abalar)

Camariñas (Cabo Vilán)

                                   Comida a mediodía en Camariñas

Pola tarde, visitarase Camelle (Museo do Alemán) e dependendo do tempo restante, pasarase por outras localidades costeiras

                                   Regreso a Bandeira

 

INSCRICIÓN:           Dende o 12 ata o 19 de Xuño (Centro Cultural Vista Alegre)

PRECIO:                    25 € Socios  /  35 € non Socios (Este precio inclue desprazamentos en autobús, e comida de mediodía en Camariñas)

 NOTA:                      Dito importe pagarase no momento da inscrición. Os asientos do  Autobús corresponderán co orden de inscrición. A Excursión farase si se xunta un número mínimo de participantes. Si non se realiza, devolverase o importe entregado. Prazas limitadas.

 

 

SARDIÑADA DE SAN XOAN  

 

DATA: 23 de Xuño de 2014

 

NA PRAZA DA FEIRA, A PARTIRES DAS 22´00 H. HABERÁ DEGUSTACIÓN DE SARDIÑAS E CHOURIZOS ASADOS, ACOMPAÑADOS DUN BO VIÑO E PAN DE MILLO.

 

A PARTIRES DAS 12 DA NOITE, REALIZARASE O TRADICIONAL SALTO DA FOGUEIRA.

 

HABERÁ UN BOTE PARA OS QUE QUEIRAN COLABORAR

 

NOTA: En caso de choiva, a sardiñada celebrarase na Carpa da Petanca

ORGANIZA: Asociación Cultural Vista Alegre

COLABORA: Concello de Silleda

 

SEMANA CULTURAL 2014

 

 

MARTES 24 DE XUÑO

 

-         20´00 h. Inauguración da Semana Cultural e das exposicións, a cargo do Sr. Alcalde e membros da Corporación.

-         20´30 h. Conferencia “Separemos ben, reciclemos mellor” a cargo dun técnico de SOGAMA

-         Ao remate, repartiranse embudos entre os asisatentes, para a reciclaxe do aceite

 

MÉRCORES 25 DE XUÑO

-         17´00 h. Cine infantil. Proxectarase un dos últimos estrenos de películas para nenos

-         20´30 h. Actuación do Grupo “OS BREGADIERS” , que interpretarán música sen medo, para bailar.

 

XOVES 26 DE XUÑO

-         17´30 h. Demostración de teares

-         Exposición de pezas de tapiz, e técnicas de macramé e bisutería con arames.

-         20´30 h. Actuación do Humorista Lito do programa Luar

 

VENRES 27 DE XUÑO

-         20´30 h. Nomeamento de socio de Honra

-         21´00 h. Actuación do Grupo Xirandola

-         21´30 h. Peche da Semana Cultural a cargo do Sr. Alcalde de Silleda

-         Para rematar, os asistentes están convidados a degustar productos típicos da nosa Comarca

 

EXPOSICIÓNS:

            Durante toda a Semana, haberá as seguintes exposicións:

-         Exposición sobre os traballos realizados nas clases de Pintura

 

-         Exposición de elementos realizados no Taller de Manualidades

 

-         Exposición de obxectos antigos, prestados por veciños da localidade e da Comarca

 

Estas mostras estarán expostas na sala de exposicións do Centro Cultural e poderán ser visitadas polo público en xeral todos os días da Semana Cultural en horario de 16 a 22 h. de martes a venres e o sábado  de 10 h. a 14 h.

ORGANIZA: Asociación Cultural Vista Alegre
COLABORA: Concello de Silleda

miércoles, 4 de junio de 2014

EXPOSICIÓN DE ANTIGÜIDADES NA CASA DA CULTURA


EXPOSICIÓN DE ANTIGÜIDADES

Dende a Asociación Cultural Vista Alegre andamos a procura de antigüidades de diferente tipo para montar unha exposición durante a Semana Cultural, que terá lugar dende o 23 ao 27 de xuño.



    Solicitamos a vosa colaboración para sacar adiente esta mostra, polo que vos pedimos que todos os que teñades algunha peza que nos poidades prestar a acheguedes ao Centro Cultural Vista Alegre antes do 18 de xuño.

    Agradecemos anticipadamente a vosa axuda.