ME GUSTA FACEBOOK

martes, 23 de septiembre de 2014

Asociación Cultural Vista Alegre - ACTIVIDADES 2014-2015

Asociación Cultural
Vista Alegre


ACTIVIDADES 2014-2015

·       XIMNASIA TERAPEUTICA
(Luns e Mércores de 19 h. a 20 h. e Xoves de 18 a 19 h.)

·       CURSIÑO DE PILATES
(Luns e Mércores de 20 h. a 21 h.)

·        CURSIÑO DE ZUMBA
(Luns e Mércores de 21 h a 22 h. si hai moitos inscritos faranse 2 turnos)

·       CURSIÑO DE INGLÉS
(Mércores de 20´30 h. a 21´30 h.)

·       CURSIÑO DE INFORMÁTICA -  (INTERNET)
(Xoves de 19 h. a 21 h.)

·       CURSIÑO DE INFORMÁTICA  - OFFICE (Word – Excel  -  Power Point)
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)

·       CURSIÑO DE TEARES (Tecido en Alto Lizo)
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)

·       CURSIÑO DE MACRAMÉ (Traballos con fleques - anudado)
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)

·       CURSIÑO DE PRIMEIROS AUXILIOS
Este Cursiño foinos concedido pola Exma Deputación de Pontevedra a través do Programa “Pensa en ti”.
Data de Inicio: 7 de Outubro de 2014, Horario: Martes de 17´00. a 19 30 h.
Precio: 6 €uros PRAZAS LIMITADAS

·       OBRADOIRO DE PINTURA (Gratuito)
Dirixido a todas aquelas persoas que lles gusta o mundo da Pintura. Para todos os interesados-as inscritos, manteremos unha reunión o vindeiro venres 26 de Setembro ás 20´30 h. no Centro Cultural.

         Para o vindeiro ano, estamos a traballar na organización doutras actividades como “Cantos de Taberna”, na que aprenderemos e recordaremos aqueles cantos que nosos país e avós cantaban durante as celebracións de festas e reunión familiares.

Os cursiños comezarán a partires do día 1 de Outubro, polo que o prazo de inscrición remata o vindeiro  26 de Setembro.

MOI IMPORTANTE: Pregámosvos que vos anotedes para saber o número de alumnos-as que van participar nestes cursiños, xa que se non hai un número suficiente de participantes, pospoñerase para máis adiante, ou si hai moitos inscritos, ver a posibilidade de facer 2 turnos. Ainda que viñerades no curso pasado, non quere decir que xa estedes inscritos neste curso, tedes que anotarvos.

Para anotarvos, podedes facelo nas oficinas do Centro Cultural, ou ben chamando ó número de teléfono 986 58 55 50 (Polas tardes), donde se vos facilitará maís información sobre días e horarios de todas as actividades.

NOTA PARA SOCIOS-AS DESEMPREGADOS: Dende esta Asociación queremos colaborar con estas persoas poñendo un precio especial nas actividades en que participen, CONSULTÁDENOS.

         EXPOSICIÓNS:

No que queda deste ano e tamén no vindeiro, temos programadas diversas exposición con distinta temática. As próximas son as seguintes:

Mes de Novembro
·       EXPOSICIÓN DE PINTURA  (Marisa Miguelez)
Mes de Outubro

·       EXPOSICIÓN DE PINTURA (Conxunta – autores de Bandeira)


Mes de Decembro

·       EXPOSICIÓNS NADAL  (Nacemento Tradicional e Nacemento con figuras de Playmobil)