ME GUSTA FACEBOOK

domingo, 24 de noviembre de 2013

Nacimiento casa da cultura 2012

Déixovos unhas fotos do nacimento do ano pasado. Non están demasiado nítidos os detalles, pero esperamos que vos animen a prestarnos mais clicks ou playmóbil para este ano. Recordade que volos devolveremos ao rematar o nadal. E vos agradecemos qu nos dedes ideas para o Belén. Os podedes deixar na casa da cultura de Bandeira polas tardes ou poñervos en contacto co teléfono 986 58 55 50. Moitas grazas a tod@s.

Se pinchades nas fotos, fanse máis grandes


E algúns detalles:

Por suposto, o Belén, ca postal gañadora no concurso:


Pero xa que a igrexa dixo que non debían estar a vaca e a mula, éstas protestan.


O camiño de Santiago ao seu paso por A Bandeira e o albergue de peregrinos que nunca se acababa de facer




E ao carón do portal de Belén está o INEM:


A cola no inem moi visitada: Un rei o esqueleto da pirámide unha galiña ... Uns últimos estudios do vaticano dicían que os Reis Magos eran de Andalucía. E o rei que dí: "Como agora dizen que zoi andalú, mao tocao las palmas y me han hecho un ERE, ERE, ERE".



Cando estás canso e tes sono:


Unha granxa de cabalos


Unha pequena granxa




A increible salida da AP53 en Bandeira sempre con baches



E a pirámide cun desahucio



E, por suposto, unha manifestación con Ramsés II a cabeza contra os desahucios e a favor da dación en pago


E controlada pola policía




Detalle das arañas e escorpións ao carón da pirámide




Un oasis no medio do deserto





Vistas xerais










A Cova das Letras

Proxecto de apoio escolar e teatro infantil que funciona co banco do tempo. O funcionamento sería o seguinte: os interesados pagarían unha taxa voluntaria á semana ou unha troca de beneficios.
A Cova das Letras
Este proxecto nace co propósito de trocar; trocar necesidades, pensamentos, coñecementos e sobre todo compartir co outro alegrías e preocupacións. A Cova das Letras, situada na Rúa Lavadeiro nº 5 en A Bandeira, ten como obxectivo fundamental proporcionar a aquelas nenas, nenos e adolescentes apoio escolar, clube de lectura, así como achegarse ó marabilloso mundo do teatro. A Cova funciona co "banco do tempo" (troca de actividades cos interesadas/os) ou unha taxa voluntaria no final do mes.
Infórmese:
A Cova das Letras
986 585722
646 383305

viernes, 22 de noviembre de 2013

II CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2.013
(Bases)


A Asociación Cultural Vista Alegre, convoca o II CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2.013, para buscar a portada máis orixinal das postais navideñas deste ano. As bases son as seguintes:

  1. Poderán presentarse todas as persoas, afeccionadas ou profesionais, que non garden ningún vínculo directo coa Xunta Directiva da Asociación Cultural Vista Alegre nin con ningún dos membros do xurado.

  1. O tema fotográfico versará exclusivamente arredor do Nadal. As fotografías presentadas que non se axusten a este tema, serán descalificadas.

  1. Cada participante pode presentar un máximo de 3 obras inéditas.

  1. As fotografías serán entregadas en soporte papel e nun formato mínimo de 20x30, montadas sobre soporte ríxido de 30x40. As imaxes poden ser en cor, sepia ou branco e negro. Os traballos presentados quedarán en posesión da Asociación Vista Alegre.

  1. No reverso de cada fotografía deberán indicarse tanto o título da mesma como o pseudónimo polo que se identificará cada autor. Nun sobre fechado, co pseudónimo escrito no seu exterior, introduciranse os seguintes datos (nome e apelidos, idade, dirección, teléfono e correo electrónico).

  1. As obras entregaranse en horario de tarde (16:00 a 22:00) no Centro Cultural Vista Alegre ou enviaranse por correo ordinario ao seguinte enderezo:

II CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2.013
Asociación Cultural Vista Alegre
r/ Vista Alegre nº16
36570 A Bandeira
(Pontevedra)

  1. O prazo de entrega rematará o día 5 de Decembro. Coñecéndose o gañador o día 10 do mesmo mes a través da páxina webwww.asocvistalegre.es.

  1. Entregarase un único premio de 150 €. A entrega do mesmo será o día 25 de Decembro, coincidindo coa Celebración dos Actos de Nadal 2013. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición que se manterá aberta dende o día 25 de Decembro ata o día 7 de Xaneiro do 2.014.

  1. O xurado do concurso estará formado por tres profesionais da fotografía e do xornalismo. A decisión do xurado será inapelable.

  1. A Asociación Cultural Vista Alegre non se responsabiliza de posibles reclamacións por dereitos de imaxe a terceiros.  Do mesmo xeito, que se reserva o dereito a divulgar libremente e por calquera medio ou soporte as fotografías que foran remitidas para a participación no concurso, idenficando sempre ao autor da mesma.

  1. O gañador ou gañadora comprométese a entregar a imaxe dixital nun formato adecuado para a súa posterior impresión cando a Asociación llo requira.

  1. O envio de fotografías supón a total aceptación das bases por parte do/a autor/a.

  1. O premio poderá quedar deserto en función do número de traballos presentados e a calidade dos mesmos.

lunes, 18 de noviembre de 2013

Magosto e concurso de postres de outono en Bandeira 2013

Magosto e concurso de postres de outono en Bandeira

Celebrouse o 8 de novembro o tradicional magosto da Casa da Cultura en Bandeira. Houbo unha boa participación no concurso de postres de outono con alúns moi orixinais e todos deliciosos. A asistencia de público foi numerosa e logo se poideron degustar esos marabillosas postres de outono participantes así como castañas e bolos preñados

1º premio no "Concurso de Postres de Outono". A gañadora do concurso deste ano foi Lita Davila, que presentou un "Crocante de mazá e queixo". O seu exquisito sabor fixo que o xurado o tivera bastante claro á hora de decidir nomealo como postre gañador. Lamentablemente non temos foto do crocante, pero na imaxe que segue vemos a Lita recollendo o galardón de mans de Lola Sangiao, presidenta da Asociación Cultural Vista Alegre. Noraboa a gañadora e que non perda tan boa man para os postres.
2º premio no "Concurso de Postres de Outono". Trátase dunha "Tartaleta de mazá con surtido de froitos secos". A súa creadora foi Pili Cuiña, quen logrou unha creación cunha presentación correctísima, digna das mellores confiterias. Os froitos secos que cubrían a tartaleta eran: améndoas, uvas pasas y noces. Aparte da súa presentación o seu sabor tamén convencíu ao xurado. Parabéns tamén para Pili por tan manífico traballo.
3º premio no "Concurso de Postres de Outono". Neste caso foi para Marichelo Moreira, quen presentou unha fonte de "Codornos en almibar". Os Codornos son unha variedade de pera, que garda certo paralelismo coas mazás. O seu sabor ben a ser unha mistura de ambalas dúas. O feito de que se trate dunha árbore da que xa quedan ben poucos exemplares, engadido a que a froita é moi descoñecida entre o público en xerál, foi unha das cousas que máis consegueu sorprender. Os nosos parabéns polo postre e por conservar a estirpe de tan singular árbore froiteira.
Premio á orixinalidade no "Concurso de Postres de Outono", fallado onte no Centro Cultural Vista Alegre. Unha obra espectacular, que non pasou desapercibida para o xurado nin para o público en xeral e que saiu das mans de Diannetis, a súa creadora. Parabéns.