ME GUSTA FACEBOOK

viernes, 12 de diciembre de 2014

ACTIVIDADES DE NADAL DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE

Asociación Cultural
Vista Alegre

ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE


·        11/12/2014           20´00 h. DEMOSTRACIÓN DE ARTE FLORAL (Floristería Carmiña)

·        12/12/2014           20´00 h. INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN SOBRE A BANDA R. C. DE BANDEIRA

·        15/12/2014           20´00 h. TALLER DE ARTE FLORAL (Floristería Carmiña)

·        19/12/2014           20´00 h. DEMOSTRACIÓN GASTRONÓMICA (Casa A Botica)
                  
·        22/12/2014           20´00 h. DEMOSTRACIÓN GASTRONÓMICA (Casa A Botica)         
         
·        23/12/2014           17´00 h. CINE INFANTIL

·        25/12/2014           17´00 h. FESTA INFANTIL DE PAPA NOEL

Como sempre, Papá Noel visitará de novo a vila de Bandeira. Comezará o seu desfile nunha maxestuosa Carroza que,  a partires das 5´00 h. da tarde,  sairá do Auditorio Manuel Dopazo e percorrerá as principais rúas da Vila, para logo chegar ó Centro Cultural onde entregará un agasallo ós mais cativos. Para rematar, disfrutaremos dunha grandiosa merenda a base de chocolate con churros.

NOTA: Os nenos-as que desexen participar como paxes acompañantes de Papá Nöel, deberán anotarse no Centro Cultural ata o día 19 de Decembro. Prazas limitadas.
                            
·        29/12/2014           17´00 h. TALLER DE ZUMBA PARA NENOS-AS (Concello)         
         
·        30/12/2014           17´00 h. CINE INFANTIL  

·        02/01/2015           17´00 h. TALLER DE CREATIVIDADE EN FAMILIA
Convidámoste a ti e aos teus fillos-as a este Taller de Creatividade. Aprenderemos a técnica do papel de augas (quedarás asombrado) e faremos agasallos de Nadal do máis creativo

·        EXPOSICIÓN DO NACEMENTO CON FIGURAS DE PLAYMOBIL
Queremos amosar o noso agradecemento a todas as persoas que nos prestaron as figuras de Playmobil, para poder representar este Nacemento, en especial a Carlos Cid, que foi quen o deseñou e o construeu.

·        EXPOSICIÓN DO NACEMENTO TRADICIONAL
Durante as datas de Nadal, permañecerá exposto o Nacemeto tradicional que foi elaborado polos membros da Asociación Vista Alegre.

·        EXPOSICIÓN DO I CONCURSO DE POSTALES DE NADAL 2014
Dende o 25 de Nadal ata o 7 de Xaneiro, estarán expostas as postales realizadas polos nenos-as do Colexio Público de Bandeira para a elaboración da Postal que a Asociación Vista Alegre envía aos seus socios con motivo do Nadal 2014.

NOTA: Na vindeira semana teremos á venda un calendario da Asociación Cultural Vista Alegre con fotografías e receitas das Semanas Gastronómicas, esperamos a vosa colaboración.

Para primeiros de ano, temos pensado iniciar os seguintes cursiños:

-         Vainicas
-         Teares

Os que estén interesados en participar nalgún deles, deberá anotarse no Centro Cultural, antes do día 30 de Decembro.