ME GUSTA FACEBOOK

lunes, 21 de abril de 2014

Abril - maio: PRÓXIMAS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE

·      EXCURSIÓN A BARCELOS (Portugal)

DATA:                  1 de Maio de 2014
PROGRAMA:     Saída de Bandeira ás 8´30 h.
                               Pola mañá estarase na Feira en Barcelos
                               Comida a mediodía en ponte da Lima
                               Pola tarde, elexirase a ruta según decida a maioría dos asistentes
                               Regreso a Bandeira
INSCRICIÓN:     Dende o 21 ata o 28 de Abril (Centro Cultural Vista Alegre)
PRECIO:              30 € Socios  /  40 € non Socios (Este precio inclue desprazamentos en autobús, e comida de mediodía en Portugal)
NOTA:                  Dito importe pagarase no momento da inscrición. Os asientos do  Autobús corresponderán co orden de inscrición. A Excursión farase si se xunta un número mínimo de participantes. Si non se realiza, devolverase o importe entregado. Prazas limitadas.

·      OBRADOIROS DE INTERCAMBIO DE ACTIVIDADES

Como xa se fixo o ano pasado, queremos seguir con este tipo de obradoiros para deste xeito poder ofertar un número maior de actividades no que todos poidamos participar cun custe mínimo, xa que estes obradoiros serán impartidos por colaboradores-as que de xeito desinteresado aportan o seu tempo e esforzo para poder realizar este tipo de actividades. Son os seguintes:

-       MECANOGRAFÍA (para recordar, ou aprender a escribir a máquina)
-       COSTURA (onde aprenderemos a facer arranxos nas prendas que se van deteriorando co paso do tempo)
-       MANUALIDADES, no que se elaborarán un importante número de obxectos que logo decorarán os nosos fogares

Contaremos coa colaboración desinteresada de: Conchita Pena, Carmen Vieitez e Paz Cuiña,
Para estes obradoiros, abrimos un prazo de inscrición que rematará o vindeiro 30 de Abril de 2014. Logo teremos unha reunión entre os interesados-as para coordinar días e horarios. Lembrámosche que son totalmente gratuitos, o único que terá un coste, será o material que cada un utilice.
·      TALLER DE TELARES

Todas aquelas persoas que estén interesadas en participar neste Taller, deberán anotarse no Centro Cultural ata o día 28 de Abril. Deste xeito saberemos si hai un número suficiente de alumnos para poder realizalo ou quedar pendente para vindeiras datas.


·      SEMANA GASTRONÓMICA

Como xa ven sendo habitual, de novo organizamos este encontro de restauradores que se realizará nas datas seguintes:
Dende o Martes 6 ata o Venres 9 de Maio de 2014
Para a realización desta actividade, contaremos coa colaboración de Restauradores da nosa Comarca

·      EXPOSICIÓN DE PINTURA

O día 2 de Maio, ás 20´00 h.  inauguraremos unha exposición de Pintura da Artista local, Dosinda Alonso Pájaro, que estará exposta na Sala de Exposicións do Centro Cultural ata o día 30 de Maio. Esta exposición poderá ser visitada de luns a venres en horario de 16´00 h a 22´00 h, e os sábados de 10´00 a 14´00 h

·      EXPOSICIÓN DE AUTORES POLA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Con motivo da celebración do día das Letras Galegas, durante esta semana (do 12 ao 16 de Maio), poderemos visitar unha exposición sobre todos os autores aos que foi adicado o día das Letras Galegas, que data de 1963. Estes traballos foron realizados por membros da nosa Xunta Directiva.
Trátase dunha exposición na que se poden ver todos os autores-as que no seu día foron homenaxeados con esta celebración.

Ademais haberá outra exposición adicada ao autor deste ano, Xosé María Díaz Castro.

O día 16 de Maio, tamén para celebrar o día das Letras Galegas, contaremos cunha actividade especial, a partir das 20´00 h.

·      PRESENTACIÓN DO LIBRO “CONTOS,  HISTORIAS E LENDAS”
              Do Autor D. José Espiño Matos (O noso Cura Párroco)

DATA: Venres 25 de Abril de 2014
HORA: 20 h.
LUGAR: Nova Biblioteca do Centro Cultural Vista Alegre

·      OUTRAS ACTIVIDADES

En vindeiras datas imos organizar as seguintes actividades:

-       Asemblea Xeral Ordinaria
-       Semana Cultural
-       Excusión no mes de Xuño (sin determinar itinerario)

jueves, 3 de abril de 2014

Exposición de pintura de Teresa Caramés

EXPOSICIÓN DE PINTURA
Teresa Caramés
Sala de Exposicións do Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira


Inauguración: 4 de abril de 2.014 ás 20:00 horas
Duración: Do 4 ao 30 de abril de 2.014
Horario: De luns a venres de 16:00 a 22:00 horas
 Organiza:                                                 Colabora: