ME GUSTA FACEBOOK

domingo, 2 de junio de 2013

Viaxe a Ribadavia

A Asociación Cultural Vista Alegre invita ós socios e todos aqueles que o desexen a participar na excursión que organiza á dúas adegas da D.O. Ribeiro (Casal de Armán e Pazo Casanova) e á vila ourensá de Ribadavia o domingo 16 de xuño, ca fin de coñecer esta fermosa vila chea de historia e unha das mais ancestrais  zonas vinícolas de Galicia.
Está pensada para todo tipo de público, maiores e novos, combinando diferentes tipos de actividades e visitas.
PROGRAMA:
Ø DOMINGO 16 de xuño:

·        Traslado en autocar Bandeira – Adega Pazo Casanova (Saída 9:00).
·        Visita a Adega Pazo Casanova.
·        Traslado Adega Pazo Casanova – Adega Casal de Armán.
·        Visita da Adega Casal de Armán.
·        Comida no propio complexo turístico da Adega Casal de Armán.
·        Visita guiada á vila de Ribadavia, monumentos e castelo.
·        Tempo libre en Ribadavia
·        Traslado Ribadavia – Bandeira (Chegada entorno as 21:30).
TARIFAS:
PREZOS
SOCIOS
NON SOCIOS
VIAXE COMPLETO
42 €/pers.
45 €/pers.
O prezo inclúe:
·        Traslados en autocar.
·        Xantar na Adega.
·        Entradas a Castelo/Museo
·        Visitas con guía.



INSCRICIÓN e PAGO:
·        INSCRICIÓN: Casa Cultural de Bandeira (Alfredo).
·        PRAZO DE INSCRICIÓN: do luns 3 ó sábado 8 de xuño.
·        PAGO: realizarase en efectivo no momento de realizar la inscrición, mentres non se abone o importe total, a reserva non será efectiva.
·        PRAZAS LIMITADAS: a reserva de prazas efectuarase por orden de inscrición, no caso de acadar o límite de prazas, os socios e fillos de socios terán preferencia.
A realización da viaxe está CONDICIONADA a:
·        Grupo mínimo de 30 persoas.
LINKS RELACIONADOS DE INTERÉS:
·         OFICINA TURISMO RIBADAVIA: www.ribadavia.travel
·         Adega Pazo Casanova: http://www.pazocasanova.com
·         Adega Casal de Armán: http://www.bodegascasaldearman.com
·         Asociación Cultural VISTA ALEGRE: www.asocvistalegre.es

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
·        En persoa: Casa Cultural de Bandeira (16:00 – 22:00).
·        Por teléfono: 986 585 550 (16:00 – 22:00).
Moitas grazas de antemán pola súa atención e colaboración;
Saúdalles atentamente,
Asociación Cultural Vista Alegre (Bandeira)




NOTA: No caso de ter que cancelar a viaxe por non acadar o número mínimo, será reembolsado o importe íntegro abonado.