ME GUSTA FACEBOOK

miércoles, 19 de septiembre de 2012

ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE PARA 2012-13

ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE


·        XIMNASIA TERAPEUTICA
(Luns e Mércores de 19 h. a 20 h. e Xoves de 18 a 19 h.)

·        CURSIÑO DE PILATES
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)

·         CURSIÑO DE CALCETA
(Martes de 18 h. a 20 h.)

·        CURSIÑO DE CANTO E BAILE TRADICIONAL  (Para maiores)
(Martes de 20 h. a 21 h.)

·        CURSIÑO DE INGLÉS
(Mércores de 20´30 h. a 21´30 h.)

·        CURSIÑO DE ZUMBA
Trátase dunha nova actividade para manter o corpo en forma. Dirixido a todas as persoas que estén dispostas a darlle caña ós seus músculos. Este tipo de ximnasia está acompañada, case sempre, de música latina. (Os días e horarios dependerán do nº de inscritos-as)

CURSIÑO DE INFORMÁTICA
(Xoves de 19 h. a 21 h.)

·        CURSIÑO DE FOTOGRAFÍA E TRATAMENTO DE IMAXE
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)

·        CURSIÑO DE PINTURA (Impartido por Francisco Alén “Picho”)
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)

Os cursiños comezarán a partires do 1 de Outubro, polo que o prazo de inscrición remata o vindeiro  28 de Setembro.
MOI IMPORTANTE: Pregámosvos que vos anotedes para sabe-lo número de alumnos-as que van participar nestes cursiños, xa que se non hai un número suficiente de participantes, pospoñerase para máis adiante.
Podedes facelo nas oficinas do Centro Cultural, ou ben chamando ó número de teléfono 986 58 55 50 (Polas tardes), donde se vos facilitará maís información sobre días e horarios de todas as actividades.

NOTA PARA SOCIOS-AS DESEMPREGADOS: Como todos sabemos, os tempos que estamos pasando, non son os mellores para  a xente que está sen traballo, polo que dende esta Asociación queremos colaborar con estas persoas poñendo un precio especial nas actividades en que participen, CONSULTÁDENOS

martes, 18 de septiembre de 2012

CURSIÑO DE TAPIZADO

CURSIÑO DE TAPIZADO
    Data de Inico: Setembro

    Horario: Martes de 16:00 a 19:30.

    Importe inscrición: 6 €

    O prazo de inscripción remata o  Venres 14 de Setembro.

PRAZAS LIMITADAS




            Cursiño patrocinado  pola
        Excma. Deputación de Pontevedra.
             Programa PENSA EN TI


     NOTA: Este cursiño está dirixido
                   a mulleres e homes.

   Organiza: Asociación Cultural
                     Vista Alegre.
                      Tfno: 986 58 55 50