ME GUSTA FACEBOOK

martes, 5 de marzo de 2013

Eduardo pérez mourón "cachito" - Xeneral veterano de A Bandeira


Ningúen mellor ca el, una das persoas máis coñecidas na localidade sillendense de A Bandeira, para tirarEduardo Pérez ´Cachito´ durante un alto dos xenerais na Bandeira. // Bernabé/Javier Lalín os "vivas" no Entroido. Leva más de quince anos participando na festa, aínda que con periodos de interrupción motivados pola cancelación do Carnaval. Coa Asociación Xenerais do Entroido da Bandeira colabora dende fai arredor de catro anos. Para o colectivo é "unha honra" volver contar con Eduardo Pérez, "Cachito", o xeneral con máis antigüidade do grupo. A cita é o próximo sábado a partir das seis da tarde.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/02/07/tiro-vivas-cabeza-min-non-fan-falla-papeis/753615.html

-¿Ten xa preparada a cita desta fin de semana?
-Eu sempre estou disposto. A asociación xa leva días ensaiando para que saia todo ben. Esperemos que nos veña bo tempo, porque se non non luce nada. O meu cometido é botar os vivas. ¡Viva fulanito de tal, su esposa y su familia, y la gente que rodea y mira, y la música que siga! (relata). Coñezo a moita xente da Bandeira, por iso sempre me piden que saia no Entroido. Isto non me cansa, e sempre que poida, axudarei.
-¿Qué significa para vostede subir a un cabalo vestido de xeneral?
-Para min o Entroido significa axudarse uns aos outros. Se non, non se fai. O ano pasado cos vivas xuntamos moitos cartos, uns 1.500 euros. Pero hai que ter en conta que 800 xa foron para pagar o aluguer dos cabalos, que veñen de Pontecaldelas. Co que nos vai sobrando, cada anos imos comprando cousas que precisamos, ou facemos un traxe, pero este ano non estreamos ningún.
-¿Á hora das arengas, vostede tira da improvisación, ou leva preparada algunha idea?
-Eu tiro os vivas de cabeza, improvisando. A min non me fan falla papeis. Hai xenerais que teñen un papel á man e van decindo as estrofas, outros xa as saben de memoria. Pero eu non preciso de escritos.
-Un veterano coma vostede, ¿qué pode ensinarlle á canteira?
-A algúns rapaces aprendinlle eu, certo. Para min, os pequenos fano mellor que os grandes. Pero o verdadeiro mestre foi o señor Manuel Servando, un dos precursores do Entroido na Bandeira. Botou moitos anos de xeneral e foi moi importante na historia da festa. Témoslle levado un ramo de flores o día do Entroido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario