ME GUSTA FACEBOOK

lunes, 17 de diciembre de 2012

Actividades para o Nadal 2012 da Asociación Cultural Vista Alegre

CIRCULAR ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE DE BANDEIRA


Estimado-a socio-a, nestas datas tan entrañables que nos trae esta época do ano, dende a Asociación Cultural Vista Alegre aproveitamos para felicitarche as Pascuas e tamén informarche das actividades que se van realizar neste Centro Cultural en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Silleda.
13/12/2012 20´00 h. Concurso “Tapealle Cogumelos” entre a hostalaría adherida
Xoves
20/12/2012 20´00 h. Decoraración mesas de Nadal ( A cargo de Pazo de Bendoiro)
Xoves
21/12/2012 20´00 h. Demostración de doces de Nadal (Petite Sofia – Silleda)
Venres
· FESTA INFANTIL DO PAI NADAL (25 de Nadal)
Como sempre, Papá Noel visitará de novo a vila de Bandeira. Comezará o seu desfile nunha maxestuosa Carroza que, a partires das 5´00 h. da tarde, sairá do Auditorio Manuel Dopazo e percorrerá as principais rúas da Vila, para logo chegar ó Centro Cultural donde entregará un agasallo ós mais cativos. Para rematar, disfrutaremos dunha grandiosa merenda a base de chocolate con churros.
Neste día farase entrega do Premio á autora da fotografía seleccionada para as postais que esta Asociación está a enviar aos seus socios.
NOTA: Os nenos-as que desexen participar como paxes acompañantes de Papá Nöel, deberán anotarse no Centro Cultural ata o día 22 de Decembro. Prazas limitadas.
26/12/2012 20´30 h. Sesión de contacontos a cargo do humorista da TVG ISI
Mércores 
  
27/12/2011 17´00 h. Obradoiro de Creación de Trebellos con pinzas
Xoves 
                
28/12/2011 17´00 h. Obradoiros (Alumnos do Curso de Deseño) :
Venres Música
Teatro
Maquillaxe Infantil
02/01/2012 17´00 h. Proxección de cine infantil
Mércores
03/01/2012 17´00 h. Exibicion de Capoeira (Anpa Brincadeira)
Xoves
20´00 h. Representación teatral (Anpa Brincadeira)
21´00 h. Estrea do filme galego “O APOSTOLO”
04/01/2012 17´00 h. Proxección de cine infantil
Venres
· EXPOSICIÓN DO I CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2012
Dende o 25 de Decembro ata o 5 de Xaneiro
· CONSTRUCCIÓN E EXPOSICIÓN DO NACEMENTO CON FIGURAS DE PLAYMOBIL
Todos os que estén interesados en participar e prestarfiguras de Playmobil para a construcción deste Nacemento, poderanas entregar no Centro Cultural antes do día 15 de Decembro
· CREACIÓN DUN DEPÓSITO DE ALIMENTOS PARA FAMILIAS NECESITADAS
Aquelas persoas que o desexen, poderán aportar alimentos (non perecedeiros) a este depósito, ata o día 22 de Decembro, Todo o recaudado, será entregado no Banco de Alimentos do Concello para que sexa repartido entre as persoas necesitadas.
NOTA: Recordámosche que estanse a impartir os seguintes cursiños neste Centro Cultural: Baile Tradicional para maiores, Pintura,Tapizado, Fotografía, Ximnasia Terapeutica, Pilates, Zumba, Informática, Calceta e Inglés.
Tamén che recordamos a nosa páxina web oficial, na que podes consultar as actividades que se realizan, ver fotografías de actos, a historia da Asociación, así como os libros que temos na biblioteca: www.asocvistalegre.es
Esperando contar coa vosa presencia nestes actos, especialmente a dos nenos, todos os que formamos a Xunta Directiva desta Asociación, queremos desexarvos unhas FELICES FESTAS DE NADAL, e un vindeiro ano cheo de boas novas.
A Presidenta
Asdo: Dolores Sangiao Cacheiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario