EN CANTO ÁS FIGURAS: precisamos calquer tipo de figuras e accesorios de playmóbil que nos poidades deixar e que despoís entraríamos a valorar se poden participar neste belén un pouco particular. Preferimos que nos fagades saber que material tedes e nos deixaríades (aínda que pensedes que non valen para un nacemento) e nos, sabendo co que podemos contar, faríamos un deseño ou outro. Esta é a razón da valoración das figuras. E lembrade que as figuras devolveránse aos donos unha vez rematada a actividade.
Polo tanto, agradeceríamos que vos puxérades en contacto o antes posible:
- co correo da páxina de Bandeira contacto@bandeira.org
- ou ben co teléfono da Casa Cultural 986 58 55 50

Este nacemento o organiza a Asociación Cultural Vista Alegre
No hay comentarios:
Publicar un comentario