ME GUSTA FACEBOOK

miércoles, 21 de noviembre de 2012

I CONCURSO FOTOGRAFICO NADAL 2012

A Asociación Cultural Vista Alegre, convoca o I CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2012, para buscar a portada máis orixinal das postais navideñas deste ano. As bases son as seguintes:


1. Poderán presentarse todas as persoas, afeccionadas ou profesionais, que non garden ningún vínculo directo coa Xunta Directiva da Asociación Cultural Vista Alegre nin con ningún dos membros do xurado.

...

2. O tema fotográfico será a vila de A Bandeira. Valorarase que o motivo central das imaxes sexa o edificio do Centro Cultural.


3. Cada participante pode presentar un máximo de 3 obras inéditas.


4. As fotografías serán entregadas en soporte papel e nun formato mínimo de 12x18. As imaxes poden ser en cor, sepia ou branco e negro.


5. No reverso de cada fotografía deberán indicarse tanto o título da mesma como o seudónimo polo que se identificará cada autor. Nun sobre fechado, co seudónimo escrito no seu exterior, introduciranse os seguintes datos (nome e apelidos, idade, dirección, teléfono e correo electrónico).


6. As obras entregaranse en horario de tarde (16:00 a 22:00) no Centro Cultural Vista Alegre ou enviaranse por correo ordinario ao seguinte enderezo:


I CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2012

Asociación Cultural Vista Alegre

r/ Vista Alegre nº16

36570 A Bandeira

(Pontevedra)


7. O prazo de entrega rematará o día 5 de Decembro. Coñecéndose o gañador o día 10 do mesmo mes a través da páxina web www.asocvistalegre.es.


8. Entregarase un único premio de 150€. A entrega do mesmo será o día 25 de Decembro, coincidindo coa Celebración dos Actos de Nadal 2012. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición que se realizará ese mesmo día e no mesmo acto.


9. O xurado do concurso estará formado por tres profesionais da fotografía e do xornalismo. A decisión do xurado será inapelable.


10. A Asociación Cultural Vista Alegre non se responsabiliza de posibles reclamacións por dereitos de imaxe e terceiros. Do mesmo xeito, que se reserva o dereito a divulgar libremente e por calquera medio ou soporte as fotografías que foran remitidas para a participación no concurso, idenficando sempre ao autor da mesma.


11. O gañador ou gañadora comprométese a entregar a imaxe dixital nun formato adecuado para a súa posterior impresión cando a Asociación llo requira.


12. O envio de fotografías supón a total aceptación das bases por parte do/a autor/a.


13. O premio poderá quedar deserto en función do número de traballos presentados e a calidade dos mesmos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario