ME GUSTA FACEBOOK

lunes, 17 de diciembre de 2012

Carboeiro recibiu preto de duas mil visitas entre os meses de setembro e outubro

http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/carboeiro-recibiu-preto-duas-mil-visitas-meses-setembro-outubro/idEdicion-2012-11-27/idNoticia-778482/


O mosteiro románico de San Lourenzo de Carboeiro segue a ser un dos lugares máis visitados da comarca do Deza. Así o seguen confirmando os datos recabados pola guía que atende no histórico edificio, onde se sitúa tamén o punto de información turística. Nos dous últimos meses (setembro e outubro) pasaron polas dependencias monacais preto de 2.000 persoas máis.
Así, ao longo de setembro foron 1.033 as persoas que se achegaron ata o mosteiro e o seu entorno, e en outubro a cifra total foi de 870 visitantes. Con este novo balance, a cifra de visitas dende maio a outubro supera xa os 7.500 visitantes (serían en total 7.693).

No hay comentarios:

Publicar un comentario