Inicia os seus estudos musicais aos 8 anos no Conservatorio de Música de Lalín, na especialidade de Piano, sendo a súa mestra a pianista cubana Ileana Cortizo e o prestixioso pianista internacional Jorge Luís Prats, co que se graduou en 2005 obtendo as mellores calificacións.
Nese mesmo ano comeza os seus estudos no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, na especialidade de Pedagoxía da Linguaxe Musical, sendo alumna de grandes pedagogos como Ana Mª Navarrete, Félix Sierra, Encarnación López de Arenosa e César Ausejo entre outros.
No ano 2006 inicia estudos superiores de Dirección de Coro co mestre Adrián Cobo. Na súa formación como directora asistiu a clases de Dirección de Coro, Orquesta e Banda cos mestres Enrique García Asensio, Mercedes Padilla, Antonio Moya e Pascual Vilaplana entre outros. Durante os anos que estudiou en Madrid fixo todads as prácticas cun coro profesional integrado por cantantes profesionais do coro da RTVE, do coro da Comunidade de Madrid e do coro Nacional.
A súa actividade profesional repártese entre a pedagoxía musical e a dirección coral sendo profesora de Piano, Linguaxe Musical, Educación Auditiva e Vocal, Música e movemento e Coro. Actualmente imparte clases no colexio Manuel Peleteiro de Santiago, na Escola de Música de Padrón, en Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) e na Escola de Bandeira. Dende hai un ano é a directora do Coro Vales Mahía
No hay comentarios:
Publicar un comentario