ME GUSTA FACEBOOK

lunes, 19 de diciembre de 2011

Actividades para o Nadal en Bandeira

  • DEMOSTRACIÓN GASTRONÓMICA DE NADAL (21 de Nadal)
O Mércores 21, a partires das 20´30 h. estades convidados-as a asistir a estas xa tradicionales demostracións gastronómicas que nos poden dar algunha idea para cociñar os mellores menús nestas festas tan sinaladas.
 
  • VISITA DE PAPÁ NOEL ÓS FOGARES (24 de Nadal)
Para que Papá Noel visite o teu fogar o día 24, e lle faga entrega dos agasallos ós máis pequenos da casa, deberás anotarte no Tfno 986 58 55 50 (de 16 a 22 h). O prazo de inscrición remata o Xoves 22.
 
  • FESTA DE PAPÁ NOEL (25 de Nadal)
Como sempre, Papá Noel visitará de novo a vila de Bandeira. Comezará o seu desfile nunha maxestuosa Carroza a partires das 5´00 h. da tarde,  sairá do Auditorio Manuel Dopazo e percorrerá as principias rúas da Vila acompañado da Banda Xuvenil de Bandeira, para logo chegar ó Centro Cultural donde entregará un agasallo ós mais cativos. De seguido haberá unha Festa Infantil. Para rematar, disfrutaremos dunha grandiosa merenda a base de chocolate con churros.
NOTA: Os nenos-as que desexen participar como paxes acompañantes de Papá Nöel, deberán anotarse no Centro Cultural ata o día 22 de Decembro. Prazas limitadas.
 
  • TALLERES DE COLGANTES DE CERÁMICA PARA NENOS-AS (28 de Nadal e 2 de Xaneiro)
Ás 17´00 h. Os rapaces aprenderán  a facer dúas pequenas  pezas  de cerámica : un colgante e un broche. Terán que  modelar o barro para ser prensado sobre os moldes previamente deseñados cos debuxos escollidos. Despois  lévanse ó forno dúas veces, unha para ser cocida e  outra,  unha vez coloreada con esmaltes. Finalmente  colócanselle  os accesorios para  que se poidan  utilizar como broches ou como colgantes.

* Un pequeno forno de cerámica será levado ó lugar onde se imparta o obradoiro. Os  propios rapaces meterán e sacarán as pezas  para comprobar o resultado final.
 
  • CINE INFANTIL (30 de Nadal)
A partires das 17´00 h. da tarde asistiremos a proxección dunha película infantil, que como sempre veremos en pantalla xigante.



Tamén a Asociación de Pais BRINCADEIRA, vai realizar as seguintes actividades no Centro Cultural:

27/12/2011        Campionato de Futbolín e Xogos de Mesa
Martes              17´30 h.

29/12/2011        Taller Infantil de Manualidades
Xoves               17´00 h.

03/01/2012        Taller de Cociña Infantil
Martes              17´00 h.

04/01/2012        Teatro de Monicreques (Organiza Concello de Silleda)
Mércores          20´30 h. para toda a familia. Estrea da “Fábula Galénica” de Fantoches BAJ

No hay comentarios:

Publicar un comentario