ME GUSTA FACEBOOK

miércoles, 16 de enero de 2013

Viaxe a neve, á estación invernal de San Isidro

Lembrar a todos que o ano pasado ocupáronse todas as prazas e foi un compreto éxito asi que facede axiña a reserva.
A Asociación Cultural Vista Alegre invita un ano máis a todos aqueles que o desexen a participar na excursión que organiza á Estación Invernal de San Isidro nos límites das provincias de León e Asturias a fin de semana do 23 e 24 de febreiro, ca fin de coñecer unha estación invernal de alta montaña e para moitos iniciarse na práctica do esquí.
Está pensada para todo tipo de público, maiores e pequenos; e niveles de esquí, iniciación, medio e experto, recibindo 6 horas de clases opcionais, 3 por día, en grupos homoxéneos de 10 persoas como máximo, impartidas por monitores homologados da escola nacional de esquí.
taboa cos niveis de esqui, para facer os grupos homoxeneos: no momento da inscricción haberá que indicar o nivel de esquí (se se quere recibir clases) e as medidas (altura, peso, e nº de pe), para todos aqueles que desexen alugar o material

Todos aqueles menores de idade que decidan participar nesta actividade deberán facelo ca autorizacióndos pais e baixo a tutela dun pai ou titor que eles designen, que o acompañará e se responsabilizará do menor ó longo da viaxe.
Os país tamén poderán disfrutar da práctica do esquí, ou si o prefiren, observar como o fan os seus fillos.
En función dos servizos utilizados establécense as seguintes tarifas:

TARIFAS
Adultos (>12)
Nenos (≤12)
Viaxe + Forfait + Aluguer + Clases
165 €
155 €
Viaxe + Forfait + Clases
150 €
140 €
Viaxe + Forfait + Aluguer
140 €
130 €
Viaxe + Forfait
125 €
115 €
Só Viaxe (*)
85 €
75 €

 (*)Viaxe = Traslados + Aloxamento + 1 Cea + 2 Comidas + 1 Almorzo
SUPLEMENTO NON SOCIOS: 5€
O prezo inclue:
·        Traslados en autocar.
·        Xantar do sábado e domingo na estación de esquí.
·        Cea do sábado, aloxamento e almorzo en Felechosa.
·        Aluguer do material de esquí (botas + esquís + bastóns).
·        6 (3+3) horas de clases de esquí en grupo con monitor.
·        Forfait para dous días completos.
INSCRICIÓN e PAGO:
·        INSCRICIÓN: Casa Cultural de Bandeira (Alfredo).
·        PRAZO DE INSCRICIÓN: do luns 28 de xaneiro ó venres 15 de febreiro.
·        PAGO: realizarase en efectivo no momento de realizar la inscrición, mentres non se abone o importe total, a reserva non será efectiva.
·        PRAZAS LIMITADAS: a reserva de prazas efectuarase por orden de inscrición, no caso de acadar o límite de prazas, os socios e fillos de socios terán preferencia.

A realización da viaxe está CONDICIONADA a: 
• Condicións meteorolóxicas: néboa, ventisca, nevaradas ou choiva.
• Cantidade e calidade da neve (por defecto ou por exceso). 
• Acadar un grupo mínimo de 30 persoas.


No caso de ter que cancelar a viaxe, será reembolsado o importe íntegro abonado 

De seguido detallase o programa da viaxe:

DATA
HORARIO
DURACIÓN
ACTIVIDADE
DISTANCIA
TRAXECTO
SABADO  23
FEBREIRO
5:00
10:00
5:00
Traslado Bandeira – Estación San Isidro (León)
400  Km
10:00
10:30
0:30
Asignación do Material, Forfait e Monitores
10:30
13:30
3:00
Clase de Esquí en grupo con monitor
13:30
14:30
1:00
Xantar na Estación de Esquí
14:30
17:00
2:30
Esquí libre
17:00
18:00
1:00
Traslado Estación – Hotel (asignación de cuartos)
11  Km
18:00
21:00
3:00
Tempo libre
21:00
22:30
1:30
Cea no Hotel
DOMINGO  24
FEBREIRO
8:00
9:00
1:00
Almorzo no Hotel
9:00
9:30
0:30
Traslado Hotel – Estación de esquí
11  Km
9:30
12:30
3:00
Clase de Esquí en grupo con monitor
13:00
14:00
1:00
Xantar na Estación de Esquí
14:00
17:00
3:00
Esquí libre
17:00
22:00
5:00
Traslado San Isidro (León) - Bandeira
400  Km



LINKS RELACIONADOS:
• Estación de esquí SAN ISIDRO (León): www.san-isidro.net
• Asociación Cultural VISTA ALEGRE: www.asocvistalegre.es

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
• Persoalmente: Casa Cultural de Bandeira (16:00 – 21:00).
• Por teléfono: 986 585 470 (16:00 – 21:00).

Moitas grazas de antemán pola súa atención e colaboración;
Esperando que esta actividade sexa do seu agrado;
Saúdalles atentamente,
Asociación Cultural Vista Alegre (Bandeira)

No hay comentarios:

Publicar un comentario