A comunidade autónoma da rexión de Murcia é o destino do grupo de baile Xirandola de ABandeira, a onde deberon de chegar nas últimas horas despois de viaxar toda a noite, e onde está previsto actúen mañán sábado xunto a unha formación ben coñecida pola formación silledense -ao haber coincidido noutros moitos encontros de baile- como é Rosa del Azafrán, de Toledo. Con anterioridade, o día de hoxe, Festividade do Pilar será aproveitada polos integrantes do grupo de maiores de Xirandola para coñecer a localidade. Vintecinco integrantes da agrupación silledense viaxaron ata Murcia para tomar parte neste intercambio, actividade que veñen promovendo con asiduidade todas as formacións, e que rematará o domingo.
Á volta de Murcia, Xirandola continuará traballando arreo na preparación do acto conmemorativo do 25 aniversario do grupo que centra boa parte das cavilacións dos membros da formación. «A intención é montar un gran acto para o mes de decembro, que se celebraría no auditorio de A Bandeira, e no que se pretende reunir a todos os maiores que pasaron por Xirandola ao longo destes vintecinco anos», salientan dende a formación.
Unha cuestión nada doada xa que a dificultade radica en dar co paradoiro dos antigos integrantes da senlleira agrupación silledense. «Non contamos con ningún rexistro de nomes de compoñentes da formación dos últimos anos. Só está no noso poder unha morea de fotografías e de aí estamos tentando dar con esas persoas que formaron parte da historia e da vida de Xirandola nos últimos vintecinco anos. Dos que nos acordamos nós xa imos directamente a eles pero hai moitos máis. A idea é reunir ao maior número de integrantes posibles e montar un gran baile. Mesmo se queren bailar aquelas pezas máis emblemáticas, recuperalas para o público. Estamos traballando nesa dirección».
E, á agarda do aniversario, Xirandola comezou o pasado sábado as clases na escola despois da paréntese do verán, cunha incorporación de seis novos cativos. «A escola conta con tres categorías nas que están cativos dende os tres aniños e ata que o corpo aguante».
No hay comentarios:
Publicar un comentario