Atención!!!! A inscripción é ata o día 19 de outubro
Benquerido amigo/a;
Dende a Asociación Cultural Vista Alegre invitámosvos a todos aqueles que o desexen a participar na excursión que se organiza á ASTORGA, LEÓN e ás COVAS DE VALPORQUERO, zona coñecida como "A MARAGATERÍA"a fin de semana do 27 e 28 de outubro, ca fin de coñecer os paraxes máis emblemáticos desta rexión de Castela-León. Está pensada para todo tipo de público, maiores e novos, combinando diferentes tipos de actividades e visitas.
PROGRAMA:
Ø SÁBADO 27 de outubro:
- Visita á cidade leonesa de Astorga: Catedral + Palacio Episcopal.
- Degustacion dun prato tipico, o cocido maragato na vila medieval de Castrillo de los Polvazares.
- Visita ás Covas de Valporquero (Valporquero de Torío-León)
- Chegada á cidade de León entorno ás 19:30 da tarde
- Cea e pernocta na capital leonesa
Ø DOMINGO 28 de outubro:
- Visita guiada á cidade de León: Barrio húmido + Catedral + Basílica de San Isidoro + Panteón Real + Museo, quen o prefira, poderá quedar descansando no hotel despois dunha dura saida nocturna
- Comida en cova/adega en Valdevimbre (León)
- Regreso con parada en Cacabelos ou Lagos/Pobla de Sanabria, en función do itinerario de regreso elexido, por Lugo ou por Ourense
TARIFAS:
- SOCIOS: 145 €/persoa
- NON SOCIOS: 150 €/persoa
O prezo inclúe:
· Traslados en autocar.
· Xantar do sábado e domingo.
· Cea do sábado, aloxamento e almorzo no hotel de León.
· Entradas a tódolos museos e guía.
INSCRICIÓN e PAGO:
· INSCRICIÓN: Casa Cultural de Bandeira (Alfredo) en horario de tarde.
· PRAZO DE INSCRICIÓN: do martes 9 de outubro ó venres 19 de outubro.
· PAGO: realizarase en efectivo no momento de realizar la inscrición, mentres non se abone o importe total, a reserva non será efectiva.
· PRAZAS LIMITADAS: a reserva de prazas efectuarase por orden de inscrición, no caso de acadar o límite de prazas, os socios e fillos de socios terán preferencia.
A realización da viaxe está CONDICIONADA a:
· Grupo mínimo de 30 persoas.
LINKS RELACIONADOS DE INTERÉS:
- TURSIMO LEÓN: www.turismoleon.or
- LEÓN: www.leon.es
- COVAS DE VALPORQUERO: www.cuevadevalporquero.es
- CATEDRAL DE LEON: www.catedraldeleon.org
- CASTRILLO DE LOS POLVAZARES: www.castrillodelospolvazares.
net - Asociación Cultural VISTA ALEGRE: www.asocvistalegre.es
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
· En persoa: Casa Cultural de Bandeira (16:00 – 21:00).
· Por teléfono: 986 585 470 (16:00 – 21:00).
Moitas grazas de antemán pola súa atención e colaboración;
Saúdalles atentamente,
Asociación Cultural Vista Alegre (Bandeira)
Esperámoste!!!!
Un saúdo.
--
Asociación CulturalVista Alegre(Bandeira)C/Vista Alegre 16, Bandeira36570 – Silleda (Pontevedra)986 585 550
No hay comentarios:
Publicar un comentario