ME GUSTA FACEBOOK

lunes, 12 de agosto de 2013

Premios festa da Empanada


No XXXIX Concurso de empanadas que terá lugar o vindeiro 17 de agosto, incluiremos un novo premio que completará aos xa establecidos nas últimas edicións. Así, o PREMIO AO SABOR MÁIS TRADICIONAL será unha das novidades desta Festa 2013. Este premio englobará as dúas categorías, ao igual que o fai o premio á orixinalidade. 

Darlle o noso agradecemento aos patrocinadores dos premios:

1º premio restaurantes: Concello de Silleda.
2º premio restaurantes: Ortopedia Silva.
3º premio restaurantes: Televideo.

1º premio amas de casa: Supermercado Tovi
2º premio amas de casa: Supermercado Claudio e Hotel Conde Rey.
3º premio amas de casa: Bar A de Tachy.

Premio á orixinalidade: Café Bar Arume.
Premio ao sabor máis tradicional: Xoiería Parque.

Os premios de esta edición serán expostos, como vén sendo habitual, no establecemento Muebles Brey, na rúa Xeral. Aquí vos deixamos unha fotografía dos premios do pasado ano.... e este ano, como serán?? ahá...sorpresa, sorpresa...

No hay comentarios:

Publicar un comentario