ME GUSTA FACEBOOK

domingo, 15 de diciembre de 2013

Actividades para o Nadal

Nota da Asociación Cultural Vista Alegre

Un ano máis chegamos a estas datas tan entrañables que é o Nadal, dende a Asociación Cultural Vista Alegre aproveitamos para felicitarche as Pascuas e tamén informarche das actividades que se van realizar neste Centro Cultural en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Silleda.

19/12/2013          20´00 h. Demostración Gastronómica ( A cargo de Laura Enmanuele)
Xoves                 

20/12/2013          20´00 h. Demostración Gastronómica (A cargo de  Javier Quintáns       Couselo, profesor técnico de FP no CIFP Compostela)

23/12/2013          17´00 Contacontos de Nadal “A Bruxa Regañadentes”            
Luns
                  
·        FESTA INFANTIL DE PAPA NOEL (25 de Nadal)

Como sempre, Papá Noel visitará de novo a vila de Bandeira. Comezará o seu desfile nunha maxestuosa Carroza que,  a partires das 5´00 h. da tarde,  sairá do Auditorio Manuel Dopazo e percorrerá as principais rúas da Vila, para logo chegar ó Centro Cultural onde entregará un agasallo ós mais cativos. Para rematar, disfrutaremos dunha grandiosa merenda a base de chocolate con churros.

NOTA: Os nenos-as que desexen participar como paxes acompañantes de Papá Nöel, deberán anotarse no Centro Cultural ata o día 18 de Decembro. Prazas limitadas.

·        CURSIÑO DE PHOTOSHOP (26 e 27 de Decembro)
Programa: Coñecer o fluxo de traballo con Photoshop dende o recoñecemento de posibles erros de imaxes, ao tratamento das mesmas (luz, cor, branco e negro, correción e retoque de retratos) para rematar na súa preparación para exportalas correctamente (formato, resolución)) en función do fin último das mesmas.
Prazo de inscrición: ata o 23 de Decembro, prazas limitadas
Horario: de 18´30 a 21´30 h.
Precio: Gratis para socios ou fillos de socios. Para non socios 10 €
NOTA: Os participantes, terán que ter instalado o programa correspondente no seu ordenador portátil.

26/12/2013          18´00 h. Demostración Scalextric
Xoves                 
  
27/12/2013          17´00 Cine Infantil
Venres                

02/01/2013          17´00 h. Obradoiro: “Repostería de Nadal”
Xoves                  Dirixida sobre todo aos máis pequenos da casa.

03/01/2013          20´00 h. Estreo da Obra de Teatro “A Feira da Bandeira”
Venres                
Obra de Teatro dirixida por Cristina Collazo, e interpretada por actores da Vila e arredores
NOTA: Xa que o salón de actos do Centro Cultural non ten moita capacidade,  os asistentes, deberán retirar a entrada para esta representación, no Centro Cultural dende o día 17 ata o 30 de Decembro. (Entrada Gratis)

·        EXPOSICIÓN DO NACEMENTO CON FIGURAS DE PLAYMOBIL
Queremos amosar o noso agradecemento a todas as persoas que nos prestaron as figuras de Playmobil, para poder representar este Nacemento, en especial a Carlos Cid, que foi quen o deseñou e o construeu.

·        EXPOSICIÓN DO NACEMENTO TRADICIONAL
Durante as datas de Nadal, na sala de exposicións do Centro Cultural, permañecerá exposto o Nacemeto tradicional que foi elaborado polos membros da Asociación Vista Alegre.


NOTA:  Recordámosche que estanse a impartir os seguintes cursiños neste Centro Cultural: Baile Tradicional para maiores, Pintura, Fotografía, Ximnasia Terapeutica, Pilates, Zumba, Informática e Inglés.

Tamén che recordamos a nosa páxina web oficial, na que podes consultar as actividades que se realizan, ver fotografías de actos, a historia da Asociación, así como os libros que temos na biblioteca:  www.asocvistalegre.es

         Esperando contar coa vosa presencia nestes actos, especialmente a dos nenos, todos os que formamos a Xunta Directiva desta Asociación, queremos desexarvos unhas FELICES FESTAS DE NADAL, e un vindeiro ano 2014, cheo de boas novas.  

A Presidenta



Asdo: Dolores Sangiao Cacheiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario