ME GUSTA FACEBOOK

domingo, 24 de noviembre de 2013

Nacimiento casa da cultura 2012

Déixovos unhas fotos do nacimento do ano pasado. Non están demasiado nítidos os detalles, pero esperamos que vos animen a prestarnos mais clicks ou playmóbil para este ano. Recordade que volos devolveremos ao rematar o nadal. E vos agradecemos qu nos dedes ideas para o Belén. Os podedes deixar na casa da cultura de Bandeira polas tardes ou poñervos en contacto co teléfono 986 58 55 50. Moitas grazas a tod@s.

Se pinchades nas fotos, fanse máis grandes


E algúns detalles:

Por suposto, o Belén, ca postal gañadora no concurso:


Pero xa que a igrexa dixo que non debían estar a vaca e a mula, éstas protestan.


O camiño de Santiago ao seu paso por A Bandeira e o albergue de peregrinos que nunca se acababa de facer




E ao carón do portal de Belén está o INEM:


A cola no inem moi visitada: Un rei o esqueleto da pirámide unha galiña ... Uns últimos estudios do vaticano dicían que os Reis Magos eran de Andalucía. E o rei que dí: "Como agora dizen que zoi andalú, mao tocao las palmas y me han hecho un ERE, ERE, ERE".



Cando estás canso e tes sono:


Unha granxa de cabalos


Unha pequena granxa




A increible salida da AP53 en Bandeira sempre con baches



E a pirámide cun desahucio



E, por suposto, unha manifestación con Ramsés II a cabeza contra os desahucios e a favor da dación en pago


E controlada pola policía




Detalle das arañas e escorpións ao carón da pirámide




Un oasis no medio do deserto





Vistas xerais










No hay comentarios:

Publicar un comentario