Magosto e concurso de postres de outono en Bandeira
Celebrouse o 8 de novembro o tradicional magosto da Casa da Cultura en Bandeira. Houbo unha boa participación no concurso de postres de outono con alúns moi orixinais e todos deliciosos. A asistencia de público foi numerosa e logo se poideron degustar esos marabillosas postres de outono participantes así como castañas e bolos preñados
1º premio no "Concurso de Postres de Outono". A gañadora do concurso deste ano foi Lita Davila, que presentou un "Crocante de mazá e queixo". O seu exquisito sabor fixo que o xurado o tivera bastante claro á hora de decidir nomealo como postre gañador. Lamentablemente non temos foto do crocante, pero na imaxe que segue vemos a Lita recollendo o galardón de mans de Lola Sangiao, presidenta da Asociación Cultural Vista Alegre. Noraboa a gañadora e que non perda tan boa man para os postres.
2º premio no "Concurso de Postres de Outono". Trátase dunha "Tartaleta de mazá con surtido de froitos secos". A súa creadora foi Pili Cuiña, quen logrou unha creación cunha presentación correctísima, digna das mellores confiterias. Os froitos secos que cubrían a tartaleta eran: améndoas, uvas pasas y noces. Aparte da súa presentación o seu sabor tamén convencíu ao xurado. Parabéns tamén para Pili por tan manífico traballo.
3º premio no "Concurso de Postres de Outono". Neste caso foi para Marichelo Moreira, quen presentou unha fonte de "Codornos en almibar". Os Codornos son unha variedade de pera, que garda certo paralelismo coas mazás. O seu sabor ben a ser unha mistura de ambalas dúas. O feito de que se trate dunha árbore da que xa quedan ben poucos exemplares, engadido a que a froita é moi descoñecida entre o público en xerál, foi unha das cousas que máis consegueu sorprender. Os nosos parabéns polo postre e por conservar a estirpe de tan singular árbore froiteira.
Premio á orixinalidade no "Concurso de Postres de Outono", fallado onte no Centro Cultural Vista Alegre. Unha obra espectacular, que non pasou desapercibida para o xurado nin para o público en xeral e que saiu das mans de Diannetis, a súa creadora. Parabéns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario