ME GUSTA FACEBOOK

jueves, 26 de diciembre de 2013

III viaxe á neve dende Bandeira: 25 e 26 de xaneiro de 2014

A Asociación Cultural Vista Alegre invita a todos aqueles que o desexen un ano máis a participar na III excursión que organiza á Estación Invernal de San Isidro nos límites das provincias de León e Asturias a fin de semana do 25 e 26 de xaneiro, ca fin de coñecer unha estación invernal de alta montaña e para moitos iniciarse na práctica do esquí.
Está pensada para todo tipo de público, maiores e pequenos; e niveles de esquí, iniciación, medio e experto, recibindo 6 horas de clases opcionais, 3 por día, en grupos homoxéneos de 10 persoas como máximo, impartidas por monitores homologados da escola nacional de esquí.
Todos aqueles menores de idade que decidan participar nesta actividade deberán facelo ca autorización dos pais e baixo a tutela dun pai ou titor que eles designen, que o acompañará e se responsabilizará do menor ó longo da viaxe.
Os pais tamén poderán disfrutar da práctica do esquí, ou si o prefiren, observar como o fan os seus fillos.
En función dos servizos utilizados establécense as seguintes tarifas:

TARIFAS


 TARIFAS
Adultos (>12)
Nenos (≤12)
Viaxe + Forfait + Aluguer + Clases
165 €
155 €
Viaxe + Forfait + Clases
150 €
140 €
Viaxe + Forfait + Aluguer
140 €
130 €
Viaxe + Forfait
125 €
115 €
Só Viaxe (*)
85 €
75 €

(*)Viaxe = Traslados + Aloxamento + 1 Cea + 2 Comidas + 1 Almorzo
SUPLEMENTO ALUGER SNOWBOARD: 10 €
SUPLEMENTO NON SOCIOS: 5€

O prezo inclúe:

  •  Traslados en autocar.
  • Xantar do sábado e domingo na estación de esquí.
  • Cea do sábado, aloxamento e almorzo en Felechosa.
  • Aluguer do material de esquí (botas + esquís + bastóns) ou snowboard.
  • 6 h. de clases de esquí con monitor (snowboard se se xunta un grupo mín. de 8 persoas)
  • Forfait para dous días completos.

INSCRICIÓN e PAGO:

  • INSCRICIÓN: Casa Cultural de Bandeira (Alfredo).
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: do luns 30 de decembro de 2013 ó venres 17 de xaneiro de 2014.
  • PAGO: realizarase en efectivo no momento de realizala inscrición, mentres non se abone o importe total, a reserva non será efectiva.
  • PRAZAS LIMITADAS: a reserva de prazas efectuarase por orden de inscrición, no caso de acadar o límite de prazas, os socios e fillos de socios terán preferencia.


A realización da viaxe está CONDICIONADA a:

  • Condicións meteorolóxicas: néboa, ventisca, nevaradas ou choiva.
  • Cantidade e calidade da neve (por defecto ou por exceso).
  • Acadar un grupo mínimo de 30 persoas.

De seguido detallase o programa da viaxe:

SABADO 25 XANEIRO
HORARIO
DURACIÓN
ACTIVIDADE
DISTANCIA TRAXECTO

4:00
10:00
6:00
Traslado Bandeira – Estación San Isidro (León)
400 Km

10:00
10:30
0:30
Asignación do Material, Forfait e Monitores

10:30
13:30
3:00
Clase de Esquí en grupo con monitor

13:30
14:30
1:00
Xantar na Estación de Esquí

14:30
17:00
2:30
Esquí libre

17:00
18:00
1:00
Traslado Estación – Hotel (asignación de cuartos)
11 Km
18:00
21:00
3:00
Tempo libre

21:00
22:30
1:30
Cea no Hotel

DOMINGO 26 XANEIRO
HORARIO
DURACIÓN
ACTIVIDADE
DISTANCIA TRAXECTO

8:00
9:00
1:00
Almorzo no Hotel

9:00
9:30
0:30
Traslado Hotel – Estación de esquí
11 Km

9:30
12:30
3:00
Clase de Esquí en grupo con monitor

13:00
14:00
1:00
Xantar na Estación de Esquí

14:00
17:00
3:00
Esquí libre

17:00
23:00
6:00
Traslado San Isidro (León) - Bandeira
400 Km




















No caso de ter que cancelar a viaxe, será reembolsado o importe íntegro abonado

LINKS RELACIONADOS:

  • Estación de esquí SAN ISIDRO (León): www.san-isidro.net
  • Asociación Cultural VISTA ALEGRE: www.asocvistalegre.es


PARA MÁIS INFORMACIÓN:

  • Persoalmente: Casa Cultural de Bandeira (16:00 – 21:00).
  • Por teléfono: 986 585 470 (16:00 – 21:00).

Moitas grazas de antemán pola súa atención e colaboración;
Esperando que esta actividade sexa do seu agrado;
Saúdalles atentamente,
Asociación Cultural Vista Alegre (Bandeira)

No hay comentarios:

Publicar un comentario