Inauguración da Exposición "Querido Balbino", que como xa sabedes tivo lugar hoxe 3 de outubro as 12:30 da mañá. Asistíu o propio escritor D. Xosé Neira Vilas e pudemos escoitar una disertación sobre a súa famosa novela "Memorias dun neno labrego" así como os distintos aspectos antropolóxicos nos que se desenrrola a obra, recordo dunha Galicia rural que ainda non queda tan lonxe.
As autoridades presente na mesa de debate foron:
- D. Xosé Luís Reimóndez - Comisario da exposición
- D. Valentín García Gómez - Secretario Xeral de Política Linguistica
- D. Manuel Cuiña Fernández - Alcalde de Silleda
- D. Xosé Neira Vilas - Escritor
- D. Xoan Carlos García Porral
Tamén houbo representación, pero entre o público, da directiva da Asociación Cultural Vista Alegre, encabezados por Lola Sangiao.
No hay comentarios:
Publicar un comentario