ME GUSTA FACEBOOK

jueves, 24 de octubre de 2013

Os atropelos de animais supoñen un grande perigo para a circulación, podendo incluso provocar fatais consecuencias para os viaxeiros. Non hai moito morría un mozo en Rivadavia e outro quedaba gravemente ferido polo atropelo dunha manda de xabaries. Na nosa comarca tamén ocorren atropelos con relativa frecuencia, case sempre de cans e gatos. Nembargantes, nesta ocasión, tamén un xabaril de considerables dimensións pagou coa súa vida o atrevemento de cruzar pola Carretera Nacional 525 a altura de Lamela. O custo para o vehículo implicado semella ter sido a rotura dun faro dianteiro, cuxos restos quedaron ao caron do animal. Ninguén se fixo cargo da recolla do animal, que a primeira hora da tarde ainda permeñecía tirado no lugar donde aconteceron os feitos.
 
    Completa a informacións unhas imaxes do mesmo.
 
(Reportaxe de Juan Liñares)




No hay comentarios:

Publicar un comentario