ME GUSTA FACEBOOK

jueves, 12 de septiembre de 2013

ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE

 

Dende a Asociación Cultural Vista Alegre de A Bandeira pasamos a informarvos das actividades que imos comenzar en breve:

·        XIMNASIA TERAPEUTICA
(Luns, mércores e xoves de 19 h. a 20 h.)

·        CURSIÑO DE PILATES
(Luns e mércores de 20 h. a 21 h.)

·        CURSIÑO DE ZUMBA
(Luns e mércores de 21 h. a 22 h.)

·        CURSIÑO DE TRABALLOS EN COIRO
(Días e horarios a concretar)

·        CURSIÑO DE INGLÉS
(Mércores de 20´30 h. a 21´30 h.)

·        CURSIÑO DE BAILE TRADICIONAL (Para maiores)
(Martes de 21 h. a 22 h.)

·        CURSIÑO DE INFORMÁTICA
(Xoves de 19 h. a 21 h.)

·        CURSIÑO DE PINTURA
(Días e horarios a concretar)

·        CURSIÑO DE FOTOGRAFÍA
Parte 1: FOTOGRAFÍA E ARTE:
Consiste en clases donde se dará a coñecer a disciplina fotográfica a través dos grandes fotógrafos clásicos e contemporáneos. Explicarase a composición e con ela conseguir grandes imaxes, sexa cal sexa a cámara ou tecnoloxía (móvil, tabletas, etc).
Incentivarase o debate, a análise crítica do medio e a participación constructiva sobre o traballo individual dos alumnos.
CLASES: Outubro e Novembro, os martes de 20´30 a 21´30, coa posibilidade de dar clases prácticas en Decembro nalgunha localización:

Parte 2: FOTOGRAFÍA E TÉCNICA:
Pode entenderse como unha continuación de “Fotografía e arte” ou como curso independente.
No temario, inclúense aspectos tecnolóxicos sobre o coñecemeto físico da cámara, as súas partes e a súa manipulación. Xa cos conceptos previos de composición fotográfica, daranse a coñecer diferentes trucos, explicarase como manexar e exprimir ao máximo a cámara para conseguir sempre o efecto desexado.
CLASES: Xaneiro e Febreiro, os martes de 20´30 a 21´30, facendo saídas no mes de marzo.

______________________________________________________

Os cursiños comezarán a partires do 1 de Outubro, polo que o prazo de inscrición remata o vindeiro  30 de Setembro. Pregámosvos que vos anotedes para sabe-lo número de alumnos-as que van participar nestes cursiños xa que se non hai un número suficiente de participantes, pospoñerase para máis adiante. Podedes facelo nas oficinas do Centro Cultural, ou ben chamando ó número de teléfono 986 58 55 50 (Polas tardes), donde se vos facilitará maís información sobre días, horarios e custe das actividades.

NOTA PARA SOCIOS-AS DESEMPREGADOS-AS: Como xa fixemos no curso anterior, dende esta Asociación queremos colaborar con estas persoas establecendo unha tarifa especial para as actividades nas que participen, CONSULTÁDENOS.

VOLUNTARIADO:
Ó igual que nestes obradoiros que mencionamos anteriormente, dende aquí queremos animar a todas as persoas que desexen colaborar connosco neste tipo de actividades que se poñan en contacto coa Asociación para deste xeito poder realizar algún tipo de taller diferente aos anteriores.


·        INAUGURACIÓN DA AMPLIACIÓN DO CENTRO CULTURAL
O vindeiro Venres día 13 de Setembro, ás 20 horas, quedades todos-as convidados-as á inauguración das novas instalacións (ampliación) do Centro Cultural, que como xa sabedes, remataron a finais do mes de Xuño. Neste acto participaran a Presidenta de Vista Alegre, autoridades da Xunta de Galicia, así como o Alcalde de Silleda. Ao remate, os asistentes poderán degustar productos típicos da nosa terra.

·        CURSIÑO DE RESTAURACIÓN DE MOBLES
(Concedido pola Exma. Deputación de Pontevedra- Programa “Pensa en ti”)
DATA PREVISTA DE INICIO: 1 de Outubro
DIAS E HORARIOS: Os martes de 17 a 20 h.
PRECIO POR ALUMNO-A: 6 € ( a abonar no momento da inscrición)
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o vindeiro 20 de Setembro (Prazas limitadas)

·        EXCURSIÓN
Estamos a traballar na organización dunha excursión para o mes de Outubro, dentro de breves datas pasarémosvos información sobre dita excursión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario