ME GUSTA FACEBOOK

miércoles, 27 de febrero de 2013

Viaxe a neve para o 9 e 10 de marzo de 2013

Asociación Cultural Vista Alegre por mor do temporal de neve e frío que nos visitou a fin de semana pasada veuse na obriga de aprazar a viaxe que tiña prevista organiza á Estación Invernal de San Isidro nos límites das provincias de León e Asturias a fin de semana do 23 e 24 de febreiro.
A nova data para a realización da viaxe é a fin de semana do 9 e 10 de marzo, reabrindo de novo o prazo de inscrición ata o próximo venres 1 de marzo.
Así que si todavia non te inscribiches, podes facelo para esta nova data. Esperámoste.
Está pensada para todo tipo de público, maiores e pequenos; e niveles de esquí, iniciación, medio e experto, recibindo 6 horas de clases opcionais, 3 por día, en grupos homoxéneos de 10 persoas como máximo, impartidas por monitores homologados da escola nacional de esquí.
Adxunto enviasevos unha taboa cos niveis de esqui, para facer os grupos homoxeneos, no momento da inscricción haberá que indicar o nivel de esquí (se se quere recibir clases) e as medidas (altura, peso, e nº de pe), para todos aqueles que desexen alugar o material
Todos aqueles menores de idade que decidan participar nesta actividade deberán facelo ca autorización dos pais e baixo a tutela dun pai ou titor que eles designen, que o acompañará e se responsabilizará do menor ó longo da viaxe.

TARIFAS
Adultos (>12)
Nenos (≤12)
Viaxe + Forfait + Aluguer + Clases
165 €
155 €
Viaxe + Forfait + Clases
150 €
140 €
Viaxe + Forfait + Aluguer
140 €
130 €
Viaxe + Forfait
125 €
115 €
Só Viaxe (*)
85 €
75 €
 (*)Viaxe = Traslados + Aloxamento + 1 Cea + 2 Comidas + 1 Almorzo
SUPLEMENTO NON SOCIOS: 5€
O prezo inclue:
·        Traslados en autocar.
·        Xantar do sábado e domingo na estación de esquí.
·        Cea do sábado, aloxamento e almorzo en Felechosa.
·        Aluguer do material de esquí (botas + esquís + bastóns).
·        6 (3+3) horas de clases de esquí en grupo con monitor.
·        Forfait para dous días completos.
INSCRICIÓN e PAGO:
·        INSCRICIÓN: Casa Cultural de Bandeira (Alfredo).
·        PRAZO DE INSCRICIÓN: do luns 28 de xaneiro ó venres 1 de marzo.
·        PAGO: realizarase en efectivo no momento de realizar la inscrición, mentres non se abone o importe total, a reserva non será efectiva.
·        PRAZAS LIMITADAS: a reserva de prazas efectuarase por orden de inscrición, no caso de acadar o límite de prazas, os socios e fillos de socios terán preferencia.
A realización da viaxe está CONDICIONADA a:
·        Condicións meteorolóxicas: néboa, ventisca, nevaradas ou choiva.
·        Cantidade e calidade da neve (por defecto ou por exceso).
·        Acadar un grupo mínimo de 30 persoas.
De seguido detallase o programa da viaxe:

DATA
HORARIO
DURACIÓN
ACTIVIDADE
DISTANCIA
TRAXECTO
SABADO  23
FEBREIRO
5:00
10:00
5:00
Traslado Bandeira – Estación San Isidro (León)
400  Km
10:00
10:30
0:30
Asignación do Material, Forfait e Monitores
10:30
13:30
3:00
Clase de Esquí en grupo con monitor
13:30
14:30
1:00
Xantar na Estación de Esquí
14:30
17:00
2:30
Esquí libre
17:00
18:00
1:00
Traslado Estación – Hotel (asignación de cuartos)
11  Km
18:00
21:00
3:00
Tempo libre
21:00
22:30
1:30
Cea no Hotel
DOMINGO  24
FEBREIRO
8:00
9:00
1:00
Almorzo no Hotel
9:00
9:30
0:30
Traslado Hotel – Estación de esquí
11  Km
9:30
12:30
3:00
Clase de Esquí en grupo con monitor
13:00
14:00
1:00
Xantar na Estación de Esquí
14:00
17:00
3:00
Esquí libre
17:00
22:00
5:00
Traslado San Isidro (León) - Bandeira
400  Km

No caso de ter que cancelar a viaxe, será reembolsado o importe íntegro abonado

LINKS RELACIONADOS:
·        Estación de esquí SAN ISIDRO (León): www.san-isidro.net
·        Asociación Cultural VISTA ALEGRE: www.asocvistalegre.es

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
·        Persoalmente: Casa Cultural de Bandeira (16:00 – 21:00).
·        Por teléfono: 986 585 470 (16:00 – 21:00).
Moitas grazas de antemán pola súa atención e colaboración;
Esperando que esta actividade sexa do seu agrado

Asociación Cultural Vista Alegre (Bandeira)

-- 
Asociación Cultural
Vista Alegre
(Bandeira)
C/Vista Alegre 16, Bandeira
36570 – Silleda (Pontevedra)
986 585 550

No hay comentarios:

Publicar un comentario