O vindeiro sábado 7 de Xullo celebramos a xa tradicional festividade na honra a San Cristovo, na Bandeira.
Este ano, o pasarrúas corre a cargo da charanga Vida Loca (grazas pola vosa colaboración!!!).
Ás 12:30, misa.
Logo, a procesión de camións e turismos, seguida da degustación de mexilóns (Como non, teremos de cociñeiro a Mejuto. Grazas pola túa colaboración!!!).
COMIDA DE CONFRATERNIDADE (Para anotarvos debedes dirixirvos a Espiño ou Memel).
Ás 19:00 h na praza do entroido "Onde resoa o cantar", XXV aniversario do grupo de baile Xirandola, coa actuación do grupo anfritrión e o grupo folclórico Brisa de Portmany, Ibiza. (Organiza: Xirandola. -Noraboa polo voso traballo!).
Á noite gran verbena amenizada polo dúo Alegría e o trío Sintonía.
Grazas a Arume tamén pola súa colaboración.
Haberá barra da Comisión.
Esperámosvos a tod@ssss!
No hay comentarios:
Publicar un comentario