Somos Cidade Amiga do Obradoiro CAB!!!
Este sábado día 22 de febreiro os veciños e veciñas
de Silleda teremos a oportunidade de disfrutar do
baloncesto ao máis alto nivel a un prezo especial. O noso
municipio será desta vez Cidade Amiga da rede posta en
marcha dende o Río Natura Monbus.
A oferta para os/as silledenses é de 9 euros por entrada
para disfrutar do encontro este sábado 22 entre o Río
Natura Monbús e o FIATC Joventut, no Multiusos Fontes
do Sar, ás 20.00 horas.
Importante:
Para obter as entradas a este prezo é preciso presentar
o DNI ou outro documento que acredite a vosa
residencia en Silleda. Poden retirarse nas oficinas do
club (de luns a venres de 10.00 a 14.00) ou na tenda
oficial “Miudiño Store”, en Área Crentral (local Blusens
de mércores a sábados de 17.00 a 22.00 horas) ou en
taquilla o sábado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario