A Asociación Cultural Vista Alegre invita ós socios e todos aqueles que o desexen a participar na excursión que organiza á dúas adegas da D.O. Ribeiro (Casal de Armán e Pazo Casanova) e á vila ourensá de Ribadavia o domingo 16 de xuño, ca fin de coñecer esta fermosa vila chea de historia e unha das mais ancestrais zonas vinícolas de Galicia.
Está pensada para todo tipo de público, maiores e novos, combinando diferentes tipos de actividades e visitas.
PROGRAMA:
Ø DOMINGO 16 de xuño:
· Traslado en autocar Bandeira – Adega Pazo Casanova (Saída 9:00).
· Visita a Adega Pazo Casanova.
· Traslado Adega Pazo Casanova – Adega Casal de Armán.
· Visita da Adega Casal de Armán.
· Comida no propio complexo turístico da Adega Casal de Armán.
· Visita guiada á vila de Ribadavia, monumentos e castelo.
· Tempo libre en Ribadavia
· Traslado Ribadavia – Bandeira (Chegada entorno as 21:30).
TARIFAS:
PREZOS
|
SOCIOS
|
NON SOCIOS
|
VIAXE COMPLETO
|
42 €/pers.
|
45 €/pers.
|
O prezo inclúe:
· Traslados en autocar.
· Xantar na Adega.
· Entradas a Castelo/Museo
· Visitas con guía.
INSCRICIÓN e PAGO:
· INSCRICIÓN: Casa Cultural de Bandeira (Alfredo).
· PRAZO DE INSCRICIÓN: do luns 3 ó sábado 8 de xuño.
· PAGO: realizarase en efectivo no momento de realizar la inscrición, mentres non se abone o importe total, a reserva non será efectiva.
· PRAZAS LIMITADAS: a reserva de prazas efectuarase por orden de inscrición, no caso de acadar o límite de prazas, os socios e fillos de socios terán preferencia.
A realización da viaxe está CONDICIONADA a: · Grupo mínimo de 30 persoas.
LINKS RELACIONADOS DE INTERÉS:
· OFICINA TURISMO RIBADAVIA: www.ribadavia.travel· Adega Pazo Casanova: http://www.pazocasanova.com
· Adega Casal de Armán: http://www.
· Asociación Cultural VISTA ALEGRE: www.asocvistalegre.es
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
· En persoa: Casa Cultural de Bandeira (16:00 – 22:00).· Por teléfono: 986 585 550 (16:00 – 22:00).
Moitas grazas de antemán pola súa atención e colaboración;
Saúdalles atentamente,
Asociación Cultural Vista Alegre (Bandeira)
No hay comentarios:
Publicar un comentario