Este Xoves ás 20:30h. Na casa de cultura da Bandeira, non vos perdades a conferencia de Xosé Ramón Mariño Ferro. "O Entroido ou os praceres da carne"
XOSÉ RAMÓN MARIÑO FERRO.Licenciado en Antropoloxía Americana na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Completense (1974), é doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Autónoma de Madrid, coa tese titulada 'Morte, relixión e símbolos en Chaquilla unha comunidade quechua do Altiplano boliviano' (1984). É Profesor de Antropoloxía Cultural na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte de varias asociacións de antropólogos e participou en diversos traballos de investigación financiados pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación. É especialista no estudo do simbolismo na cultura tradicional, o que lle permite entender prácticas e crenzas ata agora consideradas supersticiosas e irracionais como a bruxaría, a medicina popular, etc... Nas súas obras descóbrese unha cultura popular que nada ten que ver cos tópicos, pois mostra a funcionalidade non só da cultura material senón tamén dos costumes e das crenzas que normalmente son tomadas por supersticións.
XOVES 16 DE FEBREIRO NO CENTRO CULTURAL DA BANDEIRA, ÁS 20:30H FALARANOS DO "ENTROIDO OU OS PRACERES DA CARNE"
En el centro de Galicia, en la Ruta de la Plata del Camino de Santiago, se encuentra BANDEIRA, encantadora villa y muy abierta debido a su constante contacto con la gente de diferentes lugares. Uno de sus atractivos es su FESTA DA EMPANADA, manjar gastronómico, que junto a sus fiestas en el mes de Agosto, hacen la delicia de todo aquel que quiera visitarnos. Página web: www.bandeira.org
ME GUSTA FACEBOOK
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario