ME GUSTA FACEBOOK

jueves, 26 de enero de 2012

MARFUL INICIA XIRA EN SILLEDA (MOSTEIRO DE CARBOEIRO) o vindeiro 2 de febreiro, a partir das 20:30h

MARFUL INICIA XIRA EN SILLEDA (MOSTEIRO DE CARBOEIRO)

A primeira presenza musical desta Xira será o vindeiro 2 de febreiro, a partir das 20:30h na Igrexa do Mosteiro de Carboeiro, en Silleda. Neste marco incomparábel e no día de Santa Candela, día no que casan os paxaros e tema que abre o último disco “Manual de Sedución”, poderemos desfrutar da música de Marful, da súa presenza e degustar queixo “Semana Verde”, melindres “Tábora”.

Esta é unha actividade organizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Silleda, coa colaboración da Queixaría da Asociación Feiral Semana Verde e a Confeitaría Tábora e a de todos os que se acheguen.

Aforo limitado. Entrada 15 euros.
Máis información e reservas en: www.turismosilleda.es; info@turismosilleda.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario