Queremos participarlle a todos os veciños desta Vila de Bandeira, especialmente ás nosas mulleres, que un pobo limpo e adornado é a atención de todos os que nos visitan e de forma especial aqueles que o fan durante a época do verán.
Por iso queremos comezar unha campaña para adornar as nosas portas e ventanas con geranios (ou outras flores), e así poder presumir dunha Vila fermosa.
Por suposto, esta iniciativa, non quere ser imposta pero si recomendable, dado que o seu coste, entendemos que ainda en tempos de crise, pode ser asumido polo aforro familiar.
Que non quede ventana nin balcón sen florear
No hay comentarios:
Publicar un comentario