ME GUSTA FACEBOOK

lunes, 3 de noviembre de 2014

Magosto e concurso de postres de outono en Bandeira o 14 de outubro


Centro Cultural Vista Alegre

                  

MAGOSTO POPULAR

 

6º CONCURSO DE POSTRES DO OUTONO
 
           O ÚNICO REQUISITO É QUE OS POSTRES SEXAN ELABORADOS CON FROITOS TÍPICOS DESTA ÉPOCA DO ANO. DEBERÁN PRESENTARSE NO CENTRO CULTURAL  ANTES DAS 7 h. DA TARDE DO DÍA 14 DE NOVEMBRO DE 2.014. HABERÁ PREMIOS PARA OS TRES PRIMEIROS CLASIFICADOS E UN PREMIO ESPECIAL Á ORIXINALIDADE.

 

DEGUSTAREMOS CASTAÑAS  ASADAS, BOLO PREÑADO, POSTRES ESPECIAIS E VIÑO,

TODO ESTO ACOMPAÑADO POLA MÚSICA DO

“DUO MASTER”

DATA: Venres 14 de Novembro 2.014


 

HORA: A partires das 20´30 h. da noite

 

LUGAR: Centro Cultural “Vista Alegre”

 

ORGANIZA: Asociación Cultural Vista Alegre

 
COLABORA: Concello de Silleda

Exposición colectiva de pintura: pintores e afeccionados de Bandeira e a súa contorna

EXPOSICIÓN COLECTIVA DE PINTURA
"Pintores e afeccionados de Bandeira e a súa contorna"


Rosa Mª Louzao, Olga González, Teresa Caramés, Dolores Sangiao, Mercedes Asorey, Isabel Brey, Teresa Rodriguez, Mercedes Pérez, Josefina Villanueva, Sandra Tejo, Aurora Villanueva, Ramona Seoane, Dosinda Alonso, María Domínguez, Juan Carlos Fernández, Mª Luz González, Juan Liñares

Dende o 7 ao 28 de novembro
 
 
Inauguración: 7 de novembro ás 20:00 horas

Lugar: Sala de exposicións do Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira

Horario de visitas: De luns a venres e de 16:00 a 22:00 horas

Organiza:Asociación Cultural Vista Alegre
Colabora: Concello de Silleda

                                                                                


jueves, 2 de octubre de 2014

CONMEMORACIÓN DO PRIMERIO CENTENARIO DO NACEMENTO DE D. RAMÓN DE VALENZUELA
 
SAÚDA de Dolores Sangiao (Presidenta da A. C. Vista Alegre)

INTERVENCIÓN: Rosa Fernández (Presidenta de ADELLIS)


TABOA REDONDA COA PARTICIPACIÓN DE:
- Xosé Manuel Maceira (Autor do Libro "A Literatura Galega no Exilio)

- Xoan Carlos Garrido (Comisión Pola Memoria Siñor Afranio)

- Matias Rodríguez da Torre (Moderador)
* PROXECCIÓN SOBRE O AUTOR
*LECTURA INTERPRETATIVA DUN FRAGMENTO DA OBRA DE RAMÓN DE VALENZUELA ( A cargo de Cristina Collazo)


PECHE DO ACTO:


Intervención de Xosé Neira Vilas (Escritor)
José Ramón Valenzuela (Fillo do Autor)
Manuel Cuiña (Alcalde de Silleda)

Lugar: Salón de Actos do Centro Cultural " Vista Alegre "

Data e hora: 3 de outubro de 2.014 ás 20:30 horas.
Organiza: Colabora:



martes, 23 de septiembre de 2014

Asociación Cultural Vista Alegre - ACTIVIDADES 2014-2015

Asociación Cultural
Vista Alegre


ACTIVIDADES 2014-2015

·       XIMNASIA TERAPEUTICA
(Luns e Mércores de 19 h. a 20 h. e Xoves de 18 a 19 h.)

·       CURSIÑO DE PILATES
(Luns e Mércores de 20 h. a 21 h.)

·        CURSIÑO DE ZUMBA
(Luns e Mércores de 21 h a 22 h. si hai moitos inscritos faranse 2 turnos)

·       CURSIÑO DE INGLÉS
(Mércores de 20´30 h. a 21´30 h.)

·       CURSIÑO DE INFORMÁTICA -  (INTERNET)
(Xoves de 19 h. a 21 h.)

·       CURSIÑO DE INFORMÁTICA  - OFFICE (Word – Excel  -  Power Point)
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)

·       CURSIÑO DE TEARES (Tecido en Alto Lizo)
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)

·       CURSIÑO DE MACRAMÉ (Traballos con fleques - anudado)
(Días e horarios dependendo do nº de inscritos-as)

·       CURSIÑO DE PRIMEIROS AUXILIOS
Este Cursiño foinos concedido pola Exma Deputación de Pontevedra a través do Programa “Pensa en ti”.
Data de Inicio: 7 de Outubro de 2014, Horario: Martes de 17´00. a 19 30 h.
Precio: 6 €uros PRAZAS LIMITADAS

·       OBRADOIRO DE PINTURA (Gratuito)
Dirixido a todas aquelas persoas que lles gusta o mundo da Pintura. Para todos os interesados-as inscritos, manteremos unha reunión o vindeiro venres 26 de Setembro ás 20´30 h. no Centro Cultural.

         Para o vindeiro ano, estamos a traballar na organización doutras actividades como “Cantos de Taberna”, na que aprenderemos e recordaremos aqueles cantos que nosos país e avós cantaban durante as celebracións de festas e reunión familiares.

Os cursiños comezarán a partires do día 1 de Outubro, polo que o prazo de inscrición remata o vindeiro  26 de Setembro.

MOI IMPORTANTE: Pregámosvos que vos anotedes para saber o número de alumnos-as que van participar nestes cursiños, xa que se non hai un número suficiente de participantes, pospoñerase para máis adiante, ou si hai moitos inscritos, ver a posibilidade de facer 2 turnos. Ainda que viñerades no curso pasado, non quere decir que xa estedes inscritos neste curso, tedes que anotarvos.

Para anotarvos, podedes facelo nas oficinas do Centro Cultural, ou ben chamando ó número de teléfono 986 58 55 50 (Polas tardes), donde se vos facilitará maís información sobre días e horarios de todas as actividades.

NOTA PARA SOCIOS-AS DESEMPREGADOS: Dende esta Asociación queremos colaborar con estas persoas poñendo un precio especial nas actividades en que participen, CONSULTÁDENOS.

         EXPOSICIÓNS:

No que queda deste ano e tamén no vindeiro, temos programadas diversas exposición con distinta temática. As próximas son as seguintes:

Mes de Novembro
·       EXPOSICIÓN DE PINTURA  (Marisa Miguelez)
Mes de Outubro

·       EXPOSICIÓN DE PINTURA (Conxunta – autores de Bandeira)


Mes de Decembro

·       EXPOSICIÓNS NADAL  (Nacemento Tradicional e Nacemento con figuras de Playmobil)


viernes, 13 de junio de 2014

PRÓXIMAS ACTIVIDADES A REALIZAR DENDE A Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira Xuño 2014


PRÓXIMAS ACTIVIDADES A REALIZAR DENDE A Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira

 

EXCURSIÓN A CORUÑA – COSTA

DATA:                       Domingo 22 de Xuño de 2014

PROGRAMA:          Saída de Bandeira ás 8´30 h.

Pola mañá visitaranse as localidades de Muxía (Santuario da Virxe da Barca e Pedra de Abalar)

Camariñas (Cabo Vilán)

                                   Comida a mediodía en Camariñas

Pola tarde, visitarase Camelle (Museo do Alemán) e dependendo do tempo restante, pasarase por outras localidades costeiras

                                   Regreso a Bandeira

 

INSCRICIÓN:           Dende o 12 ata o 19 de Xuño (Centro Cultural Vista Alegre)

PRECIO:                    25 € Socios  /  35 € non Socios (Este precio inclue desprazamentos en autobús, e comida de mediodía en Camariñas)

 NOTA:                      Dito importe pagarase no momento da inscrición. Os asientos do  Autobús corresponderán co orden de inscrición. A Excursión farase si se xunta un número mínimo de participantes. Si non se realiza, devolverase o importe entregado. Prazas limitadas.

 

 

SARDIÑADA DE SAN XOAN  

 

DATA: 23 de Xuño de 2014

 

NA PRAZA DA FEIRA, A PARTIRES DAS 22´00 H. HABERÁ DEGUSTACIÓN DE SARDIÑAS E CHOURIZOS ASADOS, ACOMPAÑADOS DUN BO VIÑO E PAN DE MILLO.

 

A PARTIRES DAS 12 DA NOITE, REALIZARASE O TRADICIONAL SALTO DA FOGUEIRA.

 

HABERÁ UN BOTE PARA OS QUE QUEIRAN COLABORAR

 

NOTA: En caso de choiva, a sardiñada celebrarase na Carpa da Petanca

ORGANIZA: Asociación Cultural Vista Alegre

COLABORA: Concello de Silleda

 

SEMANA CULTURAL 2014

 

 

MARTES 24 DE XUÑO

 

-         20´00 h. Inauguración da Semana Cultural e das exposicións, a cargo do Sr. Alcalde e membros da Corporación.

-         20´30 h. Conferencia “Separemos ben, reciclemos mellor” a cargo dun técnico de SOGAMA

-         Ao remate, repartiranse embudos entre os asisatentes, para a reciclaxe do aceite

 

MÉRCORES 25 DE XUÑO

-         17´00 h. Cine infantil. Proxectarase un dos últimos estrenos de películas para nenos

-         20´30 h. Actuación do Grupo “OS BREGADIERS” , que interpretarán música sen medo, para bailar.

 

XOVES 26 DE XUÑO

-         17´30 h. Demostración de teares

-         Exposición de pezas de tapiz, e técnicas de macramé e bisutería con arames.

-         20´30 h. Actuación do Humorista Lito do programa Luar

 

VENRES 27 DE XUÑO

-         20´30 h. Nomeamento de socio de Honra

-         21´00 h. Actuación do Grupo Xirandola

-         21´30 h. Peche da Semana Cultural a cargo do Sr. Alcalde de Silleda

-         Para rematar, os asistentes están convidados a degustar productos típicos da nosa Comarca

 

EXPOSICIÓNS:

            Durante toda a Semana, haberá as seguintes exposicións:

-         Exposición sobre os traballos realizados nas clases de Pintura

 

-         Exposición de elementos realizados no Taller de Manualidades

 

-         Exposición de obxectos antigos, prestados por veciños da localidade e da Comarca

 

Estas mostras estarán expostas na sala de exposicións do Centro Cultural e poderán ser visitadas polo público en xeral todos os días da Semana Cultural en horario de 16 a 22 h. de martes a venres e o sábado  de 10 h. a 14 h.

ORGANIZA: Asociación Cultural Vista Alegre
COLABORA: Concello de Silleda

miércoles, 4 de junio de 2014

EXPOSICIÓN DE ANTIGÜIDADES NA CASA DA CULTURA


EXPOSICIÓN DE ANTIGÜIDADES

Dende a Asociación Cultural Vista Alegre andamos a procura de antigüidades de diferente tipo para montar unha exposición durante a Semana Cultural, que terá lugar dende o 23 ao 27 de xuño.



    Solicitamos a vosa colaboración para sacar adiente esta mostra, polo que vos pedimos que todos os que teñades algunha peza que nos poidades prestar a acheguedes ao Centro Cultural Vista Alegre antes do 18 de xuño.

    Agradecemos anticipadamente a vosa axuda.