ME GUSTA FACEBOOK

lunes, 26 de septiembre de 2011

I CEA DE CONFRATERNIDADE DA S.D.BANDEIRA

I CEA DE CONFRATERNIDADE DA S.D.BANDEIRA
SÁBADO 15 DE OUTUBRO 2011

PROGRAMA:
16:00H PARTIDO DE LIGA XUVENIL: S.D.BANDEIRA-CALO "B"
16:00H APERTURA DA EXPOSICIÓN: "PERCORRIDO POLA HISTORIA DA S.D.BANDEIRA"
18:30H PARTIDO VELLAS GLORIAS DA S.D.BANDEIRA
20:00H XOGOS TRADICIONAIS
22.00 H CEA NA PLAZA DO CAMPO DE FÚTBOL(empanada, carne ao caldeiro, postre e café)
Prezo 18€/persoa, nen@s menores de 8 anos gratis. Coa entrada sorteo dun porquiño

RETIRADA DE ENTRADAS:
A DE FILO
BERNABÉ
VINOTECA CADEIRA
PLAZOLETA
TRÉCOLA
ARUME
ZAUX
HOTEL VICTORINO
A DE TACHY

Útimo día de retirada de entradas o 11-10-2011

COLABORA COA S.D.BANDEIRA

miércoles, 21 de septiembre de 2011

CERTAME DE BANDAS DE MÚSICA POPULARES BANDEIRA 2011

Sábado 1 de outubro as 20:30 horas no Auditorio Manuel Dopazo da Bandeira
  • Nova Banda de Vilatuxe
  • Banda Lira e Rivadavia
  • Banda Recreativa e Cultural de Bandeira

martes, 20 de septiembre de 2011

Novos cursos da Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira

  A Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira, pon en marcha os seguintes cursiños:
  •  XIMNASIA TERAPEUTICA
  • CURSIÑO DE PILATES
  • CURSIÑO DE CALCETA
  • BAILE MODERNO PARA NENOS/AS (Organizado polo Concello de Silleda)
  • CURSIÑO DE INGLÉS
  • CURSIÑO DE PANDEIRETA, CANTO E BAILE TRADICIONAL(Para maiores de 40 anos)
  • CURSIÑO DE GUITARRA
  • CURSIÑO DE PINTURA
   Os cursiños comezarán a partires do 3 de Outubro, polo que o prazo de inscrición remata o vindeiro  30 de Setembro. Pregamosvos que vos anotedes para sabe-lo número de alumnos-as que van participar nestes cursiños xa que se non hai un número suficiente de participantes, pospoñerase para máis adiante. Podedes facelo nas oficinas do Centro Cultural, ou ben chamando ó número de teléfono 986 58 55 50 (Polas tardes), donde se vos facilitará maís información sobre días e horarios das actividades.

lunes, 12 de septiembre de 2011

presentación do libro de relatos Rabuñando no recordo da escritora María José Montero Núñez

O Venres 9 de setembro as 9 da noite teremos na Biblioteca municipal Castelao da Casa da Cultura de Silleda, a presentación do libro de relatos Rabuñando no recordo da escritora María José Montero Núñez, natural da parroquia silledense de O Castro, berciana de adopcion e pioneira no movemento asociativo na defensa e promocion da lingua galega no Bierzo

Máis informacion sobre a publicacion:

http://www.palabrasyarandanos.com/2011/05/rabunando-no-recordo-maria-jose-montero.html

martes, 6 de septiembre de 2011

Fotos das festas

Xa están as fotos das festas de Bandeira 2011 na páxina web. Este ano puxémoslle música (e libre, sen ter que render contas a SGAE). E esperamos completalas cas que nos enviedes. Esperamos que vo gusten.
http://www.bandeira.org/fotofestas/festas/fotos2011.htm