ME GUSTA FACEBOOK

sábado, 26 de febrero de 2011

ENTROIDO DE BANDEIRA 2011

VENRES 4 DE MARZO:

  • 11:30 h Desfile dos nenos do CEIP de Bandeira polas rúas da vila 
  • 20:00h GRAN VELLADA DO TRACTOR FIOLLEIRO polas rúas da vila co grupo tradicional "BARRABAITE". @sque vai@ disfrazad@s de vell@ terán filoas, chourizo e viño gratis. 
  • 00:30 h Concerto do grupo "CREGO KABRÓN" no bar Arume.



SABADO 5 DE MARZO

GRAN CONCURSO E DESFILE DE DISFRACES

Para participar no concurso haberá obrigatoriamente que inscribirse no auditorio Manuiel Dopazo de 15:15 a 15:45h.

  • 16:00h Saída do desfile dende o auditorio ápraza do entroido, encabezado polos xenerais de Bandeira. 
  • 17:30h ALTO DOS XENERAIS INFANTIS 
  • 18:00H ALTO DOS XENERAIS DO ENTROIDO DA BANDEIRA 
  • 22:30 h Baile de disfraces no pavillón de deportes; Actuarán: AMENAL e DISEÑO . e NON SE PASARÁ FRIO PORQUE HABERÁ UNHA POTENTE CALEFACCIÓN.

00:30H Entrega de premios no pavillón.

PREMIOS COMPARSAS E CARROZAS
1º 400€
2º 300€
3º 150 €

4º 100€
5º 50€
PREMIOS CHARANGAS
1º 300€
2º 150€
PREMIOS INDIVIDUAIS (MAX 3 MEMBROS)

 1º VALE 150€

 2º VALE 50€



LUNS 7 DE MARZO: ENTROIDO INFANTIL



17:00h no Centro Cultural Vista Alegre FESTA ESPECIAL CON MÚSICA E ANIMACIÓN: actuación da Compañía “MENTALINI”.

Ó remate haberá merenda para todos os rapaces asistentes disfrazados.



SÁBADO 26 DE MARZO
GRAN COCIDO REMATE DO ENTROIDO
14:30h no bar Conde

Xa están á venda os tickets no bar Conde, Bar trécola, Bar Arume, Bar A Plazoleta e A de Mory ata o 22 de Marzo.

martes, 22 de febrero de 2011

Entroido en Bandeira: 4, 5 e 6 de marzo

Segundo o Faro de Vigo, reproducimos parte de esa noticia (http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2011/02/22/carnaval-lamela-abre-sabado-actos-festivos-municipio-trasdezano/520660.html):

A Bandeira contará con tres jornadas festivas, organizadas por la Asociación Cultural Xenerais do Entroido de Bandeira. Los actos comenzarán el día 4 con el desfile de los niños del colegio público por las calles de la localidad, a las 11 horas. Ya por la noche, a las 20, se festejará la Gran Vellada con el recorrido del tractor filloeiro, acompañado por el grupo de música tradicional Barravaite. Las personas que vayan disfrazadas recibirán filloas, chorizos y vino. Ese mismo día, a partir de la medianoche, el bar Arume acogerá la actuación del grupo Crego Kabrón. Ya el sábado los actos girarán en torno al Alto dos Xenerais. A las 16 horas habrá un desfile de disfraces con salida del auditorio Manuel Dopazo; a las 17.30 será el Alto infantil y media hora después se celebrará el Alto dos Xenerais. A las 22.30 comenzará un baile de máscaras en el pabellón amenizado por las orquestas Amenal y Diseño y desde las doce de la noche se entregarán los 1.500 euros con los que estará dotado el concurso y se sorteará un cerdo entre los presentes. Ya el lunes habrá una fiesta infantil en el centro Vista Alegre (17 horas) con merienda y la actuación de la Compañía Mentalini

Alto de xenerais infantil

Alto de Xenerais Infantil, os nenos e as nenas do CEIP da Bandeira enfrontaranse na praza do Entroido nunha dura batalla.
Non o perdades!!!!. De 17.30 as 20.30h do sábado 5 de marzo

Video sobre a presentación do alto dos xenerais infantil: http://www.youtube.com/watch?v=al_yDBmIcPk


Evento de Facebook:
http://www.facebook.com/event.php?eid=190403607660365&ref=mf

Artículos:
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2011/02/22/carnaval-lamela-abre-sabado-actos-festivos-municipio-trasdezano/520660.html
Entroido 2010: http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/02/13/0003_8291743.htm

jueves, 17 de febrero de 2011

Centro Cultural VISTA ALEGRE de Bandeira

75 ANOS DE HISTORIA


A principios do século XX, concretamente o 20 de Marzo de 1.909, reúnense na Cidade de Bos Aires un grupo de veciños das parroquias de Manduas, Lamela, Abades, Moalde, Chapa, etc que por circunstancias da vida, tiveron que emigrar á Arxentina. Nesta reunión tratouse un tema tan importante como a construcción dunha escola laica na localidade de Bandeira para impartir unha educación e unha cultura exemplar ós máis xóvenes desta Comarca, xa que nesa época non había suficientes escolas.
A empresa na que se embarcaron non foi nada doada, xa que tiveron que enfrontarse con varias adversidades en contra, ademáis de percorrer unha longa etapa ata chegar ó remate da obra.
Durante varios anos, a Sociedade adicouse a recaudar cartos para poder sufraga-los gastos da construcción do Edificio. Para esto contaron coa colaboración de moitos socios emigrados a esas terras, que contribuían coas súas cotas. Ademais organizaban festas e festivales nos que tamén recaudaban fondos para este fin. Asimesmo contaban coa publicación das revistas “Fomento de la Instrucción gallega” e máis tarde “Lux” nas que se trataban diversos temas da actualidade Arxentina e Galega.
O trece do Novembro do ano 1.927, reúnense dunha banda Dn José Valenzuela Ulloa (médico municipal de Silleda) como vendedor, e Dn. Andrés González Salgueiro como comprador, en nome da Sociedad Pro Escuelas en Bandeira, para adquiri-los terreos necesarios para a construcción do edificio. Máis tarde, o 3 de Setembro de 1.928 reúnense de novo os mesmos para mercar outra parcela de terreo pegada á anterior polo precio de 200 pesetas xa que a anterior facíase algo pequena. Esta parcela estaba situada no Monte do Ulleiro, que anteriormente se chamaba Dehesa Real e na actualidade coñecémola como rúa Vista Alegre.
O 23 de Outubro de 1.927, Dn. Luciano Folgar Monteagudo (Mestre de Siador e persoa moi estimada pola Sociedad Pro Escuelas en Bandeira) como representante da Sociedade, e Dn. José Freán Rey como constructor, reúnense na notaría do Sr. Fco. Javier Morilla Bango de Silleda, para firma-lo contrato da construcción do edificio. Neste documento constan tódolos detalles da edificación, así como os prazos para a execución da obra. O presuposto ascendía a 33.900 Pts.
O 29 de Xaneiro de 1.930 tra-lo remate do Edificio, reúnense de novo, os anteriormente mencionados na notaría de Dn. Luciano Teijeiro Fernández (notario de Carbia) para cerra-lo trato da obra. O constructor expón a relación de modificacións supletorias feitas no edificio, cuio importe ascende a 39.440 Pts. Dn. José Freán Rey (Constructor) manifesta ser certo o feito de haber recibido, polos conceptos expresados, de Dn. Luciano Folgar Monteagudo, a cantidade total. Nesta escritura tamén se fai constar que a titularidade do edificio pertence é da Sociedad Pro Escuelas en Bandeira.
Dn. Luciano Folgar informa de todos estes acontecementos á Sociedade en Bos Aires así como tódo-los detalles de mobiliario, libros, material escolar, etc. E estas noticias son recibidas con agrado polos membros da Sociedade.                                 




Para o equipamento deste Edificio, na súa época, foron mercado-los mellores materiais e utensilios de traballo como si se tratara dunha "Pequena Universidade", xa que no seu interior albergaba: 
·  Unha importante Biblioteca con tomos publicados polas mellores editoriais tanto españolas como arxentinas.
· Un Gabinete de Física, dividido en varios apartados: Mecánica, Hidrostática, Pneumática, Calor, Son, Óptica, Electricidade.
· Gabinete de Química.
· Colección de 100 Minerais, Rocas Fósiles, Botánica, Aves, Réptiles, Batracios, Peixes, Moluscos, Insectos, Miriápodos e Arácnidos.
· Colección de láminas de agricultura.
· Utensilios e material para o traballo escolar.
· Mobiliario completo para profesores e alumnos.
Despois de te-lo Edificio construido, co material necesario, e preparado para o fin que foi construido, sólo faltaba a inauguración e a contratación dun mestre que se fixera cargo de imparti-las clases.
En Bos Aires, recíbese unha carta do Sr. Folgar, comunicando que a casa está totalmente rematada. En reunión mantida pola Sociedade o día 10 de Maio de 1.930, e tras un breve debate, escóllese como data de inauguración o 24 de Agosto dese mesmo ano.  O edificio levaría o nome de “Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio”. Noutra reunión de data 9 de Agosto, acórdase a cantidade que se poderá gastar na inauguración da escola, esta ascende a 400 Pts.  e serían enviadas por xiro telegráfico. Tamén se propón que se envie un telegrama de adhesión ó acto de inauguración.
A comisión de Bandeira, elixe para mestre a Dn. Ramón Recamán Porta que iniciará as clases o día 1 de Setembro dese ano. Percibirá a cantidade de 3.000 Pts. ó ano, máis casa. Luciano Folgar Monteagudo encargarase da inspección escolar.
O día 1 de Setembro de 1.930, comezan as clases cunha matrícula de 10 alumnos, que pronto se irá incrementando e desbordará toda-las previsións. Gracias ás modernas instalacións e a exquisita dotación de material, a completísima Biblioteca, e o método educativo aplicado, todo esto motivou o interés de varias institucións educativas  e foi obxecto de varias visitas de estudiantes de distintos lugares de Galicia (Santiago, Escuela Superior de Teo, Coruña, Vigo, Vilagarcía, Tui, etc) así como algúns intelectuais  de diversos lugares e entre eles o Sr. Casares Quiroga, naqueles intres ministro do Governo que estivo acompañado por varios intelectuais de Madrid.
Durante o seu funcionamento como Escola Laica, os exemplares da súa Biblioteca foron consultados por gran cantidade de rapaces e maiores da nosa comarca, pero tamén acudiron a ela lectores de Vigo, Santiago, Añobre, etc.

Como dato curioso, aparece un libro moi solicitado polo público, sobre todo infantil, trátase de "El Pebete", que consistía nunha colección de varios volúmenes que no seu interior contiña historias para nenos, que ó mesmo tempo que divertían, servíanlles ós rapaces para aprender cousas novas. Nesta Escola non soio se atendía a actividade escolar dos rapaces de Bandeira, senón que cubría as parroquias limítrofes e ó mesmo tempo, tamén asistían regularmente os rapaces das escolas estatais das parroquias colindantes, gracias á gran dotación de material escolar que aquí existía.

Todo este complexo, que nos seus tempos foi un importante foco cultural, fíxose gracias ós esforzos dunhas persoas que, emigrados, viron as necesidades que aquí quedaban. A escola laica comezou a súa andaina no ano 1930 e máis tarde, no ano 1934 xa coa instauración da Segunda República e vendo que a educación estatal adquirira un compromiso co ensino público, a Comisión Directiva en Bos Aires, da por rematado o curso lectivo e ó mesmo tempo faino coa escola como institución educativa, pero coa condición de que si as escolas volvesen ó método anterior, de cando a monarquía, volveríanse a reabrir novamente as clases.

Neste mesmo ano pasa a ser Casa del Pueblo creando un lugar para fomenta-la cultura entre os máis xóvenes, para esto promovían reunións conferencias e a instalación dunha biblioteca máis amplia, ademáis impartíanse clases nocturnas para adultos nos meses de inverno. Toda esta ilusión compartida polos emigrantes en Bos Aires rematou no ano trinta e seis cando a sala de lectura foi asaltada, o material que contiña, destruido e o material didáctico rematou nunha queima da que soio se salvaron algúns libros que hoxe en día se conservan no Centro Cultural.

Dende esa data,1.936, e durante moitos anos, ata 1.978 sigueu funcionando como escola Nacional, para o cal fora incautada polo réxime da época. Nas súas aulas, impartiron clase diversos mestres como Dn. Pedro Zunzunegui Freire ou Dna. Rosa Alén.

Os últimos mestres que deron formación a alumnos neste edificio foron Dna. Josefa Seoane Casalderey, Dna. Benigna Solleiro e Dn. Jaime Quinteiro Sarandeses que tras cerrarse esta escola, pasou a ser director do Grupo Escolar que se construeu na localidade e foi inaugurado en Maio de 1977.

Coa chegada da democracia, estes edificios foron devoltos ós seus lexítimos propietarios, e así pasou de novo ós seus fundadores.

A finais dos anos setenta, concretamente en 1.978, o presidente da "Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira", D. Emilio Rilo González, nunha visita cursada á nosa Comarca, cedeu este edificio ó Concello de Silleda para que nel se creara un Centro Cultural, e deste xeito, o pobo de Bandeira puidera ter un lugar en donde facer todo tipo de actividades culturais, reunións festivais, cursiños etc. Así, en mil novecentos oitenta e dous, e da man duns amigos da cultura, naceu a Asociación Cultural Vista Alegre, apoiada polo Concello de Silleda e os seus socios, que na actualidade é a coordinadora das actividades que se realizan neste Centro Cultural.


Dende a súa posta en funcionamento como Asociación, os Presidentes que levaron as riendas da Asociación Cultural Vista Alegre foron os seguintes:

JUAN J. SALGUEIRO MONTOUTO
            5 de Xullo de 1982 ata 14 de Novembro de 1986

JOSEFA FERREIRO GARCÍA
            14 de Novembro de 1986 ata 16 de Decembro de 1990

ROSA Mª GARCÍA FERNÁNDEZ
            19 de Xaneiro de 1991 ata 20 de Decembro de 1992





CARMEN CARAMÉS MACEIRA
            20 de Decembro de 1992 ata 30 de Xaneiro de 1999

ALBERTO MACEIRA BALBOA
            5 de Febreiro de 1999 ata 1 de Febreiro de 2002

Mª SOLEDAD MEJUTO GONZÁLEZ
            5 de Febreiro de 2002 ata 9 de Marzo de 2004

DOLORES SANGIAO CACHEIRO
            23 de Marzo de 2004 - actualidade


Dende 1.978 fóronse producindo varias obras e reformas para a mellora do edificio, ata chegar ó ano 1.986, cando en Outubro se abre definitivamente ó pobo como Centro Cultural, cunha pequena Biblioteca, inaugurada uns meses antes por Dn. Mariano Rajoy Brey que naqueles intres era Presidente da Exma Deputación Provincial de Pontevedra, colaborando tamén coa donación de 500 exemplares. Contábase tamén cun pequeno bar, pero pouco a pouco fóronse ampliando os servicios para unha mellor atención ó público.

A biblioteca na actualidade alberga preto de 3.000 exemplares, ademais dunha colección de fotografías cos acontecementos e actividades que se realizaron no Centro e tamén no pobo. Videos que reflexan tamén actos relevantes da historia do pobo, revistas, xornáis, etc.

A día de hoxe, o Centro Cultural Vista Alegre é o dinamizador cultural do pobo, a través das actividades que aquí se realizan. Aquí naceron os Grupos folclóricos Xirandola e Fortín da Pomba, e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, que fundada no ano 82, comezou a ensair no Centro no ano 86. Tamén se creou unha pequena rondalla que tras unhos anos de vida, deixou de soar. Estas agrupacións hoxe en día portan con orgullo o nome da Bandeira por moitos pobos de Galicia, España e incluso polo extranxeiro. Ademais das asociacións musicais, este Centro veu xurdir outras agrupacións de diversa índole, como son: Sociedade Deportiva Bandeira, Asociación de Veciños Mencer, Amigos da Empanada, Os Ultreias, Banda Xuvenil, Carnavais, Vaquillas, Dame Lume e Santa Ferreña, todas estas asociacións teñen aquí a súa sede social e fan aquí as súas reunións e asembleas veciñais.

Gracias ó esforzo realizado durante estes anos, tanto polos Presidentes, como polos socios (484) consigueuse entre outras cousas, que este sexa Centro Colabroador da Consellería de Familia co cal se poden impartir cursiños homologados por dita Consellería. Dende a creación da Asociación, impartíronse infinidade de conferencias, proxeccións de cine, obras de tiatro,exposicións, actuacións para nenos, actuacións musicais, contacontos, charlas educativas e infinidade de cursiños (mecanografía, informática, tiatro, encaixe de bolillos, vainicas, bordado, punto de cruz, confección de traxes rexionais, ganchillo, restauración de móbeis, repuxado en estaño, escaparatismo, repuxado en coiro, manualidades, tallado en cristal, patchwork, ximnasia terapeutica, bailes de salón, aerobic, kárate, ballet, tai-chi, traballos con flor, pintura, gaita, guitarra, cursiños de galego, etc. etc.) Semanas Gastronómicas, por donde pasaron algúns dos mellores restauradores da cociña galega.





Son xa tradicionais as celebracións que se fan tódolos anos, como é a Semana Cultural, Antroido Infantil, Festa Infantil de Papá Nöel,  festa de fin de ano, organizada pola S.D., Festa dos socios, excursións a distintos lugares de Galicia e España (Port Aventura, Terra Mítica, Madrid, Cantabria, etc) e tamén a varias localidades do país veciño, Portugal.

Nesta Asociación publicáronse dous libros:

-         A escola da Bandeira (Xosé M. Malheiro Gutiérrez)
-         Fomento de la instrucción gallega (Xosé M. Malheiro Gutiérrez)
E recentemente tamén colaborou na edición e presentación do disco de Manuel Dopazo.

Lográronse obxectivos tan importantes como a reforma do salón de actos, que precisamente este ano está na segunda fase de remodelación, a instalación da calefacción en todo o edificio, adquisición de ordenadores, mesas, sillas, mobiliario de oficina, cortinas para salón e demais ventanas, conexión a Internet, etc. Este ano, estase a facer unha obra moi importante, ademais da remodelación do salón de actos, estase a cambiar toda a carpintería exterior do Edificio, con portas e ventanas en aluminio. Ainda así, as ansias máis sobresaíntes de tódolos Presidentes que rexiron e rixen o destino da Asociación, é a ampliación das instalacións do Centro Cultural, xa que na actualidade as dependencias das que dispón non dan albergado tal cantidade de actividades, así como a falta de espacio para unha biblioteca que poida albergar máis cantidade de exemplares, un almacén donde gardar todo o material que se utiliza nas actividades. Outra aspiración é crear unha sala que se poida adicar a museo, xa que existen varias pezas que pola súa antigüidade deberían estar nun lugar adecuado dentro deste Centro.

Tamén temos que destaca-la realización varios cursiños de Iniciación e Perfeccionamento de Galego, donde preto de 200 alumnos conseguiron o título desta materia. E como remate, quero resaltar que por estas instalacións, pasan máis de 2.000 persoas nos meses comprendidos entre Outubro e Maio, que é cando mais actividades se xeneran.

Alfredo López Mosquera











75 ANOS DE HISTORIA EN FOTOS


                             

      Acta de constitución da Sociedad Pro-                                                                               Planos do Edificio
                Escuelas en Bandeira



                                

                      Planos do Edificio                                                                                        1º Proxecto do Edificio Escola



                              

                 Colocación da 1ª Pedra                                                                           Público asistente á colocación da 1ª Pedra



                               

     Público asistente á colocación da 1ª Pedra                                                                           Edificio en construcción


                                


                Edificio en construcción                                                                                 Alumnos con Dn. Pedro Zunzunegui





                              


          Alumnos con Dna Benigna Solleiro                                                                                            Escola en 1977






                             

             Visita de Dn. Emilio Rilo                                                                                             Obras de Reforma 2005


                        

                  Obras de reforma 2005                                                                                           Obras de reforma 2005


                                        
                            
                    Obras de reforma 2005                                                                                            Obras de reforma 2005



                                                   
                                                     


                    Obras de reforma 2005                                                                                     Obras de reforma 2005

                                                    
        
                            
                                                                                                  
                         Obras de reforma 2005                                                                                    Obras de reforma 2005




                                            


                     Obras de reforma 2005                                                                                           Obras de reforma 2005
            

                             

                         Fachada actual                                                                  Subida á 1ª Planta  


                         


                             Biblioteca                                                                                                                      Biblioteca



                                             


                               Caferería                                                                                                                       Cafetería



                                                        

                                                 
                          Sala de Xuntas                                                                                                          Sala de Xuntas



                                              

                                     
                      Sala de Ensaios                                                                                                                   Oficina
 



                                                               

                                                                                         Vitrina de Trofeos

miércoles, 16 de febrero de 2011

2 de abril de 2011- Excursión "Conoce a túa provincia": Pontevedra

PROGRAMA:
-               Conxunto Histórico- Artístico de Cambados
-               Museo Etnográfico do Viño
-               Muiños de Barrantes
-               Adega

DATA: Sábado 2 de Abril de 2011

PRECIO: 6 € por persoa (Inclue autobús e comida de medio día)

PRAZO E LUGAR DE INSCRICIÓN: Ata o 24 de Febreiro de 2011 no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira.(986 58 55 50)

NOTA: A viaxe está subvencionada pola Exma. Deputación de Pontevedra dentro do programa “Coñece a túa Provincia”
A data da excursión poderá variar según as previsións da Deputación.
 
ORGANIZA: Asociación Cultural Vista Alegre
COLABORA: Exma. Deputación Provincial de Pontevedra

martes, 15 de febrero de 2011

Dimisión de casi toda a xunta da Asociación Amigos da Empanada

Segúndo unha noticia aparecida no Faro de Vigo e na Voa de Galicia, dimitiu a maioría da xunta da Asociación Amigos da Empanada na reunión celebrada este pasado venres. Presentoú un déficit de 3200€ e plantexa unha nova asamblea de carácter ordinario para dentro duns 15 días onde elixirase unha nova xunta.

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2011/02/12/portada-dezatabeirosmontes-gestora-dirigira-empanada-cese-junta-excepcion-seco/517753.html
http://www.lavozdegalicia.es/deza/2011/02/12/0003_201102D12C10992.htm

VIDEO DENUNCIA: Hay que arreglar la salida de Bandeira en la AP53

VIDEO DENUNCIA:

Salida de la AP53 en Bandeira. De 3 carriles se queda en una pista llena de baches en donde solo caben 2 coches (si se para uno de ellos pero dos camiones no pasan). Lleva así desde el año 2002 y parece que no se ponen de acuerdo ni unos ni otros para arreglarlo.

Ya va siendo hora.

http://www.youtube.com/watch?v=6MmQSeOeviA&feature=player_embedded

En Facebook hay un evento

lunes, 14 de febrero de 2011

Entroido de Lamela

O venres día 25 farase a presentación pública da carroza da organización que fará o TOUR DO ANTROIDO "Lamela 2011"
Será as 10 da noite do dito día.

viernes, 11 de febrero de 2011


Eiquí vos deixo unha foto recopilada por Manuel Novo da que descoñecemos cando foi e quen está na foto. É nun pasarrúas de xigantes e cabezudos e parece que é en entroido polo xeneral que está a cabalo e que a gaita do gaiteiro, ao ter 3 roncos, podería ser dalgún taller artesán de Arzúa que antano as facían con catro voces (punteiro e tres roncos, dous deles de galleto lateral). A ver se entre todos averiguamos quenes están fotografiados e de cando é.
A colgaremos tamén na páxina de Bandeira nas fotos antiguas

miércoles, 9 de febrero de 2011

Se van a hacer arreglos en el pabellón de Bandeira

Noticia de La Voz de Galicia de arreglos en el pabellón de Bandeira de pintado. y de la cubierta

http://www.lavozdegalicia.es/deza/2011/02/09/0003_201102D9C6995.htm

lunes, 7 de febrero de 2011

Dimite la junta de Amigos da Empanada por discrepancias con su presidenta

Una noticia del Faro de Vigo:

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2011/02/05/portada-dezatabeirosmontes-dimite-junta-amigos-empanada-discrepancias-presidenta/515656.html

ALFONSO LOÑO - SILLEDA La directiva de la asociación Amigos da Empanada de Bandeira anunció ayer su dimisión por serias discrepancias con la presidenta del colectivo, Ana Belén Seco. Los siete miembros de la entidad que organiza la veterana fiesta gastronómica trasdezana emitieron un comunicado en el que explican los motivos de su decisión, y advierten que no descartan continuar si cambia la presidencia.
Los directivos explican que esta "repentina escisión" radica en que desde el mes de octubre del año pasado están intentando actualizar el estado de cuentas "resultándonos imposible debido a las numerosas negativas de la presidenta a entregarnos la documentación o presentarnos las cuentas con la precisa documentación". Aducen además que sin este balance no pueden verificar el estado contable y tampoco informar a los socios "y a los vecinos y vecinas del pueblo de A Bandeira". Los que hasta entonces eran compañeros de Seco dicen que citaron a la presidenta "en numerosas ocasiones" con el propósito de prestarle ayuda e insistieron en que otros miembros de la directiva realizasen este cometido, previa entrega de la documentación por parte de la dirigente "ya que desde la presidencia se alegaba la falta de tiempo como explicación para estas negativas".
La junta, integrada por José Soto Silva, Marisa Montoto Ledo, David Viéitez Alonso, José Cochón Pillado, Ana Codesido Pallares, David García Matos y Esther López Cordido insiste en su disposición a continuar en la junta y aduce que se vio abocada a tomar esta traumática decisión una vez que carecen de facultad para convocar una asamblea y tampoco disponen del estado de cuentas. "Esto nos obliga a tomar la decisión, pese a que ninguno de los miembros teníamos problema alguno por continuar este segundo año".
En este sentido cabe señalar que Ana Belén Seco, que ostenta el cargo de presidenta de Novas Xeracións del Partido Popular en Trasdeza, asumió la presidencia de Amigos da Empanada después de un largo proceso desde la dimisión de la directiva anterior.
A mediados de abril del año pasado y tras una temporada sin alternativas a la directiva saliente, los socios eligieron a Esther López presidenta. Pero poco más de una semana después, ésta anunció su cese por cuestiones personales y trascendió que la joven militante del PP asumiría la dirección del colectivo, en el que continuaba Esther López.
A finales de abril la nueva directiva se presentó públicamente en el centro cultural Vista Alegre para anunciar que afrontaban también la organización de las fiestas de verano. Ahora, a unos seis meses de la representativa fiesta gastronómica que este año cumple su trigésimo novena edición, se desconoce quién se hará cargo de la misma.

La presidenta de la Asociación de la Empanada no tiene inconveniente en continuar

La Voz de Galicia pone en su noticia de este enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/deza/2011/02/06/0003_201102D6C5995.htm

"La presidenta de la Asociación de la Empanada de A Bandeira, Ana Belén Seco González, explicó ayer que tiene previsto convocar la semana próxima una asamblea de socios «que podería ser o venres ou si é posible antes de esa data», añadió.
Un encuentro en el que, tal y como estaba previsto, se presentarán la cuentas de la fiesta a los socios «ao igual que se fixo antes nunha reunión coa directiva a que solo asistiron tres persoas», recalca. Ana Belén Seco señala que no tiene ningún inconveniente en continuar al frente del colectivo de A Bandeira y sostiene que las quejas son de «catro personas: dúas vocais, o vicepresidente e a secretaria», lo que supone la mitad de la directiva, cuatro de un total de ocho personas que la forman.
No obstante indica que en la asamblea se hablará de la situación con los socios y «que eles opinen e decidan tamén o que queren que se faga». Ana Belén Seco dice que «non entendo nada» refiriéndose al escrito de dimisión de miembros de la directiva y cree que «hai outras cuestións de fondo», argumentando que las cuentas no son el motivo «porque eu estiven pedíndolles a eles papeis para facer as contas e eles tiñan toda a documentación que -insiste- presentouse á directiva xa nunha reunión e agora presentaráse como sempre aos socios»."

La empanada y Bandeira, protagonistas del arranque de la temporada de «Larpeiros»

El martes 8/2/2011 a las 21.55 horas en la Televisión de Galicia. Consultar el enlace de la Voz de Galicia. La empanada, en este caso una de Chocos, y Raquel Tarrío, una vecina de Bandeira experta degustadora en lo que a empanadas se refiere serán protagonistas del arranque de la nueva temporada de Larpeiros.

http://www.lavozdegalicia.es/deza/2011/02/06/0003_201102D6C12992.htm

Inicio

Vamos a iniciar nustra andadura en el mundo de los Blog con la que pretendemos sirva como fuente de noticias para todos, que quedará en intenet para cosultas posteriores y que pueda sustituir a la página de noticias de la web de Bandeira e integrándola también en Facebook. De esta manera se pretende que aparte del administrador de la págian de Bandeira puedan acceder a éste mas gente participando en la cofección sel mismo.
Esperemos sea del agrado de todos y os animei a participar en él.